A Secretaría Xeral de Política Lingüística asina anualmente convenios con entidades e institucións, co fin de promover o uso da lingua galega nos distintos ámbitos da sociedade, o estudo e a investigación sobre o propio idioma, así como a produción de materiais de interese para a información e a formación da cidadanía en xeral e tamén dos especialistas.
A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a través da Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, ten asumida a competencia para xestionar o rexistro dos convenios que asinen a Xunta de Galicia, os organismos autónomos e os entes de dereito público vinculados ou dependentes dela. O Rexistro de Convenios regúlase polo Decreto 126/2006, do 20 de xullo (DOG nº 149, do 3 de agosto de 2005) e pola Lei 4/2006, de 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (DOG nº 136, do 14 de xullo), modificada pola disposición derradeira quinta da Lei 15/2010, do 28 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG nº 250, do 30 de decembro).
