Convocatoria da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación educativa pola que se aproban as bases e se convoca o premio a curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa Nós tamén creamos! en centros de infantil e primaria de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no curso académico 2011/2011.
Resolución do 16 de decembro de 2011 pola que se conceden os premios aos proxectos de innovación en dinamización lingüística en centros de titularidade desta consellería para desenvolver no curso académico 2011-2012.
Resolución do 10 de agosto de 2011 pola que se aprobaban as bases.
- O IES Gregorio Fernández de Sarria organiza unha nova edición do premio de que leva o seu nome, coa colaboración dos concellos de Láncara, Paradela, O Páramo, Samos, Sarria, Triacastela e O Incio, así como da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
O certame está dirixido ás alumnas e alumnos de educación primaria, educación secundaria e ciclos formativos de centros públicos e privados dos sete concellos.
Prazo: os estudantes interesados en participar poderán enviar os seus traballo ao IES Gregorio Fernández ata o día 31 de marzo.
Concurso para elaborar unha exposición sobre o Día das Letras Galegas 2012 nos centros educativos
A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca un concurso, entre os centros de ensino non universitario de titularidade da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, para a elaboración dunha exposición sobre a obra, época e lingua do autor homenaxeado en 2012, Valentín Paz Andrade, e/ou sobre a situación sociolingüística da etapa histórica na que este viviu.
Premio: os grupos de traballo que elaboren as exposicións gañadoras recibirán cadanseu premio en metálico por importe de 3.000 €.
Fin do prazo de presentación: 16 de xaneiro de 2012.
- Xa están dispoñibles na rede os 65 proxectos audiovisuais dos centros educativos que participan no III Certame de Cinema OUFFescola, unha iniciativa que promoven o Consorcio do Festival Internacional de Cine Independente de Ourense (OUFF), a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Concellería de Normalización Lingüística do Concello de Ourense.
Os gañadores das diferentes modalidades coñeceranse na gala final do certame, que terá lugar o 17 de outubro de 2011 no marco do XVI Festival de Cine Internacional de Ourense OUFF.
Obras presentadas:
A Fundación Repsol, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, no desexo de contribuír ao desenvolvemento da literatura e da lingua galega, convoca a quinta edición do Premio de Narrativa Breve Repsol.
As obras téñense que enviar antes do 22 de xullo ao enderezo postal Complexo Industrial Repsol Apartado 700 15.080, A Coruña.
Establécese un único premio dotado con 9.000 euros.
A Secretaría Xeral de Política Lingüística, por delegación do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria (disposición adicional da Orde do 22 de abril de 2010 de delegación de competencias nos órganos superiores e periféricos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, DOG núm. 78, do 27 de abril de 2010), con motivo do Día das Letras Galegas, convoca un concurso para a elaboración dunha exposición sobre a obra, época e lingua do autor homenaxeado en 2011, Lois Pereiro, e/ou sobre a situación sociolingüística da etapa histórica en que este viviu.
Convocatoria da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria pola que se aproban as bases para a realización de proxectos de innovación en dinamización lingüística en Centros de titularidade da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, para desenvolver ni curso académico 2010-2011.
A Fundación Rosalía de Castro, para conmemorar os 25 anos do Premio Rosalía de Castro para Mestres e Pedagogos, creou o Premio Rosaría de Castro para Experiencias Pedagóxicas, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Prazo de presentación: ata o 31 de maio de 2010.
galego, lingua galega, idioma galego, gallego, lengua gallega, idioma gallego
