Secretaría Xeral de Política Lingüística

Convocatorias de axudas

 

Axudas ás entidades locais de Galicia para a promoción da lingua galega no 2013

    O prazo de xustificación remata o día 15 de outubro de 2013
     

Proposta provisional de resolución das axudas aos proxectos de fomento do galego nos centros de ensino públicos para o curso 2012/2013

 Proposta provisional de resolución da Comisión Central de Cualificación

    NOTA: O prazo de alegacións remata o día 26 de abril incluído


 

Requirimento de emenda de documentación das subvencións para os proxectos de fomento do galego nos centros de ensino privados para o curso 2012/2013 nas provincias da Coruña e Pontevedra


 

Requirimento de emenda de documentación das axudas para o fomento do galego nos centros de ensino públicos para o curso 2012-2013 nas provincias da Coruña, Lugo, e Pontevedra


 

Subvencións para proxectos de fomento do uso do galego en centros de titularidade privada

    Orde do 12 de febreiro de 2013 pola que se anuncia a convocatoria de subvencións para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade privada de Galicia, que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2012/13 (ED101A).

    Solicitude e documentación

    Fin do prazo de presentación: 18 de marzo de 2013.

 

Axudas para o fomento do uso do galego nos centros de ensino públicos para o curso 2012-2013
    Orde do 28 de decembro de 2012 pola que se anuncia a convocatoria para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade pública de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2012-2013 (ED101C).

    Prazo de presentación de solicitudes e documentación: ata o 14 de febreiro de 2013

    Enlace á sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.es/detalle-procedemento?codCons=ED&codProc=101C

     

Axudas para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares

    Orde do 25 de xaneiro de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios e se procede á súa convocatoria.

 

Convocatoria para a realización de proxectos de innovación en dinamización lingüística en centros docentes de titularidade da Consellería para o curso académico 2012/2013

    Convocatoria do 5 de decembro de 2012 da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se establecen as bases reguladoras para a realización de proxectos de innovación en dinamización lingüística en centros docentes de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e se procede á súa convocatoria para o curso académico 2012-2013.

    O prazo de presentación de solicitudes será dun mes dende o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Portal Educativo e na web da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

    Anexos (editables)

 



 

  Anteriores convocatorias

galego, lingua galega, idioma galego, gallego, lengua gallega, idioma gallego

  

 

Atención ao público

Tfno.: 881 999 485 / 981 545 478 (de luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas)

EDLG: 981 545 943 (de luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas)


Fax: 981 544 424
Enderezo electrónico: sxpl.subvencions@xunta.es

Enderezo físico: R/ Pastoriza, n.º 8
15871 Santiago de Compostela

logotipo da Xunta de Galicia\
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia.
Información administrativa e atención ao cidadán  | Suxestións e queixas  | Aviso legal  | Atendémolo/a