Secretaría Xeral de Política Lingüística

Está vostede en Inicio

Día Internacional da Lingua Materna 2010

Que é o Día Internacional da Lingua Materna?_É unha conmemoración que se celebra o 21 de febreiro de cada ano, unha data significativa que estableceu a Conferencia Xeral da Unesco en 1999, co obxectivo de promover o pluralismo lingüístico e a diversidade cultural. Ademais, busca impulsar o recoñecemento e a práctica das linguas maternas de todo o mundo e, en especial, as das linguas con menos falantes.

Que son as linguas?_Segundo sinala a ONU, "as linguas son o instrumento de maior alcance para a preservación e o desenvolvemento da nosa herdanza cultural". Deste xeito, toda iniciativa para promover a difusión das linguas maternas servirá para incentivar a diversidade lingüística e  "crear maior conciencia sobre as tradicións lingüísticas e culturais do mundo e mais inspirar a solidariedade baseada no entendemento, na tolerancia e no diálogo".

 

 
descárgao e difúndeo! (pdf en baixa resolución)

Propostas para o Día Internacional da Lingua Materna 

1. Educa no respecto a todas as linguas

2. Transmite o valor da diversidade

3. Cultiva as linguas con menos falantes

4. Fomenta a aprendizaxe de linguas

5. Perde o medo a equivocarte

6. Déixalles aos teus fillos unha herdanza valiosa

7. Acolle as outras linguas que te rodean

8. Non lle peches a ninguén as portas da túa lingua

9. Practica o ecoturismo lingüístico

10. Fala tamén para os que están preto

 

 

Non quedes con dúbidas

Que é unha lingua materna?_Por lingua materna adoita entenderse aquela na que un suxeito adquire a linguaxe; é dicir, aquela na que aprende a falar. Normalmente, o que caracteriza a lingua materna é a súa adquisición espóntanea, fronte á aprendizaxe dunha segunda que normalmente se aprende dunha maneira máis formal. Actualmente, na terminoloxía da sociolingüística óptase con maior frecuencia polo termo lingua inicial (lingua primeira- L1), pois este é máis neutro e evita certos nesgos como o de presupoñer a transmisión por vía materna (nai). As linguas que se adquiren con posterioridade á lingua primeira coñécense habitualmente como segunda lingua (L2). 

Que determina a lingua materna?_O factor máis importante é a lingua que empregan os axentes de socialización do neno durante as etapas iniciais do seu desenvolvemento. Nas sociedades avanzadas, este papel compárteno a familia e outros axentes externos, como as escolas infantís e mesmo os medios de comunicación audiovisuais. 

Que importancia futura ten para as persoas a lingua materna?_A lingua inicial ten unha grande importancia para as persoas por múltiples cuestións, entre outras, na adquisición como lingua primeira danse naturalmente os supostos da aprendizaxe precoz e da motivación comunicativa, favorecedoras do logro da aprendizaxe.  

Que idade se establece para determinar a aprendizaxe da lingua materna?_A lingua primeira adquírese, por definición, durante as primeiras etapas do desenvolvemento do neno. En contextos onde existen linguas en contacto, é frecuente a adquisición de diferentes linguas como lingua primeira. 

 

Recursos

 

Mapas vivos Novas tecnoloxías en galego  Datos básicos da lingua galega
 
As nosas palabras, os nosos mundos Información na web da ONU Información na web da Unesco

 Destacados anteriores

 

Recursos

 

O galego na familia

canta cos axoúxeres

celebra o teu aniversario

agasallos para os pequenos

galegoelogo

 

logotipo da Xunta de Galicia\
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia.
Información administrativa e atención ao cidadán  | Suxestións e queixas  | Aviso legal  | Atendémolo/a