Dicionario dos alcumes do Grove. As nosas chatas

Título: Dicionario dos alcumes do Grove. As nosas chatas (pequena mostra)
Centro: IES As Bizocas e IES Monte da Vila do Grove
Descrición: é sabido que no Grove os alcumes teñen tanta relevancia coma os propios nomes. Foi por isto, polo que o IES das Bizocas e o IES Monte da Vila elaboraron o Dicionario dos alcumes do Grove. As nosas chatas. Ademais da pequena mostra, achegamos os seguintes materiais relacionados con el:
- Reportaxe da TVG co motivo da publicación do dicionario.
- Iago Fontoira Araújo, alumno do IES Bizocas, compuxo unha canción que formou parte da presentación da obra. O seu título é Galiza e foi finalista do concurso Novo Son (I Certame da Radio Galega de "Músicas Emerxentes"). Podedes escoitar a canción (mp3).
