
OQO / En clave de conto
En clave de conto mestura música, literatura e ilustración para educar a ollada e o oído a través de propostas innovadoras e transmitir o amor pola música e a nosa lingua.
Por unha banda, os obradoiros Eu falo así parten da canción “Cri-cri”, do disco A nena e o grilo, para identificar as distintas linguas nas que se canta o tema (inglés, francés, portugués, castelán, éuscaro...) e o seu idioma principal, o galego. Por outro lado, músicos, cantantes e actores de recoñecido prestixio participan no concerto-espectáculo A nena e o grilo, que amosa como a trama argumental dun conto pode ser representada e enriquecida desde o plano sonoro e lingüístico.
Dirixido a escolares de infantil e primaria e público xeral, cada asistente será agasallado cun exemplar do libro-CD que inspira as actividades.
Dos 5 aos 8 anos.
Datas:
- 04/11/2010: en Boiro, na Casa da cultura, ás 12:00 horas
- 06/11/2010: en Ourense, no Auditorio municipal, ás 18:00 horas
- 07/11/2010: no Auditorio Municipal de Ourense, ás 18:00 horas
- 14/11/2010: no Pazo da Cultura de Carballo, ás 18:00 horas
- 19/11/2010: no Pazo da Cultura de Carballo, ás 18:00 horas
- 21/11/2010: na Casa da Cultura de Allariz, ás 18:00 horas
- 26/11/2010: na Casa da Cultura de Allariz, ás 18:00 horas
- 27/11/2010: na Casa da Cultura de Boiro, ás 18:00 horas
- 17/12/2010: en Cambados, concerto no Auditorio, ás 18:00 horas
- 22/12/2010: en Cambados, obradoiro musical no Auditorio, ás 18:00 horas
- 15/01/2011: en Muros, no Auditorio da Casa da Cultura, ás 18:00 horas
- 21/01/2011: en Muros, na Biblioteca municipal, ás 18:30 horas
- 22/01/2011: en Vilalba, no Audiotorio municipal, ás 18:00 horas
- 28/01/2011: en Vilalba, na Biblioteca pública, ás 18:00 horas
- 29/01/2011: na Estrada, no Teatro Principal, ás 12:00 horas
- 04/02/2011: na Biblioteca Municipal da Estrada, 18:00 horas
- 05/02/2011: no Auditorio Casa da Cultura de Burela, 18:00 horas
- 12/02/2011: na Biblioteca Casa da Cultura de Burela, 12:00 horas
- 12/02/2011: no Centro Sociocultural da Ramallosa de Teo, 18:00 horas
- 18/02/2011: na Mediateca do Grilo de Teo, 18:00 horas
- 19/02/2011: no Auditorio Municipal de Gondomar, 12:00 horas
- 25/02/2011: no Auditorio Municipal de Gondomar, 18:00 horas
