Dentro das actividades desenvolvidas en colaboración coa Editorial Galaxia, a compañía Bicodobrelo Teatro representará "Comedia bífida", de Manuel Núñez Singala, destinada a alumnado de Bacharelato.
Serán 16 representacións en oito vilas cabeceiras de comarcas. As representacións teatrais, con dúas sesións diarias, xa están pechadas e realizaranse nestas localidades nas seguintes datas:
- Ourense: o 6 de outubro
- Viveiro: o 14 de outubro
- A Estrada: o 15 de outubro
- Vilalba: o 20 de outubro
- Ferrol: o 22 de outubro
- Vilagarcía de Arousa: o 27 de outubro
- Cangas: o 29 de outubro
- Carballo: o 3 de novembro
DESCARGA
"En galego, por que non?", documento contra os prexuízos e as simplificacións sobre a lingua galega.
