
No mes de setembro chega unha nova edición da Festa dos Axóuxeres, un espectáculo para o teu bebé e para toda a familia. Durante todo o mes, os encontros achegaranse a 5 vilas galegas, onde os nenos poderán acudir de balde coas súas familias.
Tras a realización das Festas dos Axóuxeres 2008, vén o tempo dos Encontros dos Axóuxeres, un espectáculo para o teu bebé e para toda a familia, nun formato máis recollido. Durante os meses de outubro e novembro, os encontros achegaranse a 9 vilas, onde os nenos poderán acudir de balde coas súas familias. Os Encontros dos Axóuxeres continuarán no primeiro trimestre do 2009, con 16 novas datas e localidades de toda Galicia. Sempre con reserva previa no número 686 16 08 79.
Axóuxeres é unha proposta para beber cantigas, brincadeiras e aloumiños, metelos nos petos e levalos para a casa, para que o galego siga pasando de pais e nais a fillas e a fillos. Ver, cheirar, gustar, tocar, escoitar, falar con todos os nosos sentidos, isto son as festas e os encontros dos Axóuxeres.
Axóuxeres é un espectáculo de palabras, arrolos, música, poesía, teatro…, un encontro para festexar a lingua galega.
Cancións dos Axóuxeres 2008
Descarga os xogos e as letras das cancións dos Axóuxeres 2008
Sentidos (Axóuxeres 2008)
Pum, pum, pum, abre a porta,
quen será, será? (bis)
Escoita, é o son que di como asubía o tren
e, ademais, mil cousas nun saco furado
para que o meu neno as escoite ben.
Pum, pum, pum, abre a porta,
quen será, será? (bis)
O tacto, aloumiña
suavemente os nosos pés
e, ademais, mil cousas nun saco furado
para que o meu neno as acariñe ben.
Pum, pum, pum, abre a porta,
quen será, será? (bis)
Ulide, é o cheiro
con aroma de café
e, ademais, mil cousas nun saco furado
para que o meu neno as cheire ben.
Pum, pum, pum, abre a porta,
quen será, será? (bis)
O gusto. Que ben saben
ricos doces para comer!
E, ademais, mil cousas nun saco furado
para que o meu neno as saboree ben.
Pum, pum, pum, abre a porta,
quen será, será? (bis)
Mirade como a vista
trae as cores do amencer
e, ademais, mil cousas nun saco furado
para que o meu neno mire todo ben.Arrolo (Axóuxeres 2008)
O meniño quer durmir,
que gana de durmir ten!
Abre un ollo e pecha o outro,
mira se a lúa vén.
Boca miña que te abres
con ganiña de te abrir,
é sinal de que tes fame
ou de que queres durmir.
Non te troco, meu meniño,
non te troco, meu amor,
nin pola prata da lúa
nin polo ouro do sol.Ser bebé (Axóuxeres 2008)
Ser bebé
que difícil é;
mamá, escóitame:
quero ser maior!
Quero ter
as pernas tan longas
e os brazos tan fortes
como ten o avó.
Ai, que bonito é ter alguén
no teu corazón que te poida axudar a crecer!
Encontros de Primavera 2009
- 20 de marzo: Marín. Granxa de Briz. 18.00 horas
- 22 de marzo: Monforte de Lemos. Edificio Multiusos. 12.00 horas
- 22 de marzo: Allariz. Salón da Praza de Abastos. 18.00 horas
- 3 de abril: Porto do Son. Centro de Interpretación do Castro Baroña. 18.00 horas
- 4 de abril: Ribeira. Auditorio Municipal. 12.00 horas
- 4 de abril: Boiro. Casa da Cultura Ramón Martínez. 18.00 horas
- 5 de abril: A Illa de Arousa. Auditorio do Concello. 12.00 horas
- 5 de abril: Ribadumia. Centro social de Barrantes. 18:00 horas.
- 17 de abril: Cangas. Auditorio Municipal. 18.00 horas
- 18 de abril: Ponteareas. Centro Artístico Sportivo. Ás 12:00 horas.
- 18 de abril: Salvaterra de Miño. Casa da Cultura. 18.00 horas
- 19 de abril. Tomiño. Auditorio de Goián. 12.00 horas
- 24 de abril. Outes. Centro Social. 18.00 horas
- 25 de abril: A Estrada. Teatro Principal. 12.00 horas
- 25 de abril. Poio. Comunidade de Montes "Rega dos Agros" de Combarro. 18.00 horas
- 26 de abril. Teo. Casa Común de Oza. 18.00 horas
Encontros de Outono 2008
Festas dos Axóuxeres setembro 2008
- sábado, 6 de setembro en Lugo. Praza da Horta do Seminario. 12:00 horas
- domingo, 7 de setembro na Coruña. Explanada Pavillón de Riazor. 12:00 horas
- sábado, 13 de setembro en Ourense. Parque Barbaña. 12:00 horas
- domingo 14 de setembro en Vigo. Praza do Rei. 12:00 horas
- sábado, 20 de setembro en Santiago. Miradoiro da ALameda. 12:00 horas



