Secretaría Xeral de Política Lingüística

Está vostede en Inicio

Encontros e Obradoiros dos Axóuxeres

Durante os meses de setembro e de outubro, Os Axóuxeres 2010-2011 percorreron todas as cidades galegas con xogos, música, teatro e cantigas tradicionais para facer gozar os máis pequeniños coa lingua galega. A través das Festas dos Axóuxeres e mais dos Obradoiros dos Axóuxeres, este programa da Secretaría Xeral de Política Lingüística acadou un importante éxito, chegando a máis de 2.000 persoas en 2010. Agora, no inicio de 2011, Os Axóuxeres retoman con forza a súa programación para bebés e familias noutras 12 localidades das catro provincias galegas desde o 30 de xaneiro ata o 20 de marzo.

Con esta iniciativa, a secretaría xeral pretende axudar a que os pais e as nais contribúan á cadea de transmisión da lingua e, á vez, obteñan ideas para xogar na casa, prolongando no fogar a propia actividade. Nesta edición, a iniciativa homenaxea os avós e as avoas, en recoñecemento polo seu labor de coidado, educación e incorporación do galego á comunicación entre as familias e os bebés.

Os Encontros
Os concellos de Arteixo, Miño, Muros, Santa Comba, Redondela, A Cañiza, Tui, Vilagarcía de Arousa, San Cibrao da Viñas, Verín, Foz e Vilalba acollerán nas próximas semanas os Encontros dos Axóuxeres, un espectáculo participativo dunha hora de duración que conxuga a música, as cantigas, o teatro e os xogos en galego das Festas nun formato máis reducido, adaptado aos espazos e poboacións de vilas máis pequenas.

Os bebés de 0 a 3 anos e as familias que participen nos Encontros terán ocasión de axudar o avó de Eli a atopar o caderno onde garda os debuxos, as cantigas, os xogos e as adiviñas de cando el era neno. Eli e o seu avó, papel que interpreta o actor Xosé Manuel Olveira Pico, realizarán unha divertida viaxe para recuperar o caderno acompañados de Totó, un boneco de cor azul que está a aprender as súas primeiras palabras. Mentres buscan o caderno, o avó, Eli e Totó cantarán cos nenos e nenas e as súas familias cantigas tridicionais como "A vaca Marela" ou "A saia da Carolina" e gozarán aprendéndolles aos máis pequenos divertidos xogos populares cos que terán ocasión de entreterse despois nas súas casas.

Desde xaneiro e ata marzo, os Encontros percorrerán 12 localidades das catro provincias galegas:

  • 30/01/2011: en Arteixo, no Centro Cívico do Froxel (Oseiro), ás 12:00 horas
  • 30/01/2011: en Miño, no Local Social de Xarío, ás 18:30 horas
  • 05/02/2011: en Muros, na Aula de Danza San Xosé, ás 12:00 horas
  • 05/02/2011: en Santa Comba, no Edificio Multiusos, ás 18:30 horas
  • 13/02/2011: en Tui, no Teatro Principal (Edificio Área Panorámica), ás 12:00 horas
  • 13/02/2011: na Cañiza, na Casa da Cultura, ás 18:30 horas
  • 20/02/2011: en Redondela, na Casa da Cultura, ás 12:00 horas
  • 20/02/2011: en Vilagarcía de Arousa, na Sala de Conferencias do Auditorio, ás 18:30 horas
  • 26/02/2011: en Verín, no CEIP Amaro Refojo, ás 12:00 horas
  • 26/02/2011: en San Cibrao das Viñas, no Multiusos da piscina de Pontenoalla, ás 18:30 horas
  • 13/03/2011: en Foz, na Sala Bahía, ás 12:00 horas
  • 13/03/2011: en Vilalba, no Auditorio Carmén Estévez, ás 18:30 horas

 

Os Obradoiros
Obradoiro dos AxóuxeresOs Axóuxeres 2010-2011 introduciron unha importante novidade: os Obradoiros dos Axóuxeres, un novo formato co que a Secretaría Xeral de Política Lingüística quere darlles continuidade ás Festas e aos Encontros. Esta actividade, que xa percorreu as cidades galegas logo de se celebraren as Festas, combinan un pequeno curso de técnicas de masaxe infantil, música, cantigas de arrolo tradicionais galegas e xogos de iniciación. Agora, percorrerán tamén todas as vilas onde se celebrarán os Encontros dos Axóuxeres.

Os obradoiros están centrados na transmisión do afecto, tan importante no desenvolvemento dos bebés: as miradas, os aloumiños, a música e a palabra poden ser vías complementarias para afondar na relación entre pais e fillos.

Os Obradoiros terán lugar nas seguintes datas:  

  • 11/02/2011: en Arteixo, na Escola de Vilarrodís, ás 17:30 e 19:00 horas
  • 12/02/2011: en Arteixo, na Escola de Vilarrodís, ás 17:30 e 19:00 horas
  • 13/02/2011: en Miño, no Local Social de Loios, ás 18:00 horas
  • 19/02/2011: en Muros, na Aula de Danza San Xosé, ás 17:30 horas
  • 20/02/2011: en Santa Comba, no Edificio Multiusos, ás 18:00 horas
  • 25/02/2011: en Redondela, na Casa da Cultura, ás 17:30 e 19:00 horas
  • 26/02/2011: en Redondela, na Casa da Cultura, ás 12:00 horas
  • 26/02/2011: en Tui, no Teatro Principal (Edificio Área Panorámica), ás 17:30 e 19:00 horas
  • 11/03/2011: en Vilagarcía de Arousa, na Sala de Conferencias do Auditorio, ás 17:30 e 19:00 horas
  • 12/03/2011: en San Cibrao das Viñas, no Multiusos da piscina de Pontenoalla, ás 12:0 horas
  • 12/03/2011: en Verín, na Piscina climatizada (sala de aeróbic), ás 17:30 e 19:00 horas
  • 13/03/2011: en Vilagarcía de Arousa, na Sala de Conferencias do Auditorio, ás 17:30 e 19:00 horas
  • 19/03/2011: en Foz, na Sala Bahía, ás 17:30 e 19:00 horas
  • 20/03/2011: en Vilalba, na Sala de exposicións do Auditorio Carmén Estévez, ás 17:30 e 19:00 horas
  • 27/03/2011: na Cañiza, na Casa da Cultura, ás 18:00 horas. 

 
Reserva!
A entrada para os Encontros e para os Obradoiros dos Axóuxeres é de balde, con reserva previa ata completar a capacidade. As persoas interesadas en participar poderán inscribirse previamente nos seguintes teléfonos, en horario de luns a venres de 9 a 16 horas: 

    -Reservas para os Encontros no 686 160 879.

    -Reservas para os Obradoiros no 630 230 338.

 

Máis Axóuxeres, na Rede
As músicas, letras, xogos e demais materiais relacionados coas Festas e os Encontros dos Axóuxeres poden atoparse na rede, no portal da Secretaría Xeral de Política Lingüística: www.xunta.es/linguagalega/axouxeres. Ademais, este ano a actividade tamén ten presenza nas redes sociais, a través dos enderezos www.facebook.com/axouxeres e http://twitter.com/OsAxouxeres.

O galego, o mellor legado
A Secretaría Xeral de Política Lingüística incide con este programa na franxa social máis nova, para a que habitualmente hai menos ofertas de programación, e que será a que defina o futuro do idioma.

Máis de 3.500 participantes na edición do ano pasado dos Axóuxeres dan proba da receptividade das familias e dos pequenos. Por iso, Política Lingüística aposta por impulsar este programa que ten como obxectivo prioritario favorecer a transmisión interxeracional da lingua propia de Galicia.

 

A vosa experiencia:

  Todos os vosos relatos da experiencia das festas

  

Materiais dos Axóuxeres 2010-2011 

O caderno do avó e as cancións para escoitar

Materiais dos obradoiros e arrolos para escoitar

 


 

  Destacados anteriores

logotipo da Xunta de Galicia\
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia.
Información administrativa e atención ao cidadán  | Suxestións e queixas  | Aviso legal  | Atendémolo/a