Secretaría Xeral de Política Lingüística

Existen reprodutores MP3 e MP4 cos menús en galego?

 

Os reprodutores Blu Sens de MP3 e MP4, por exemplo, incorporan nalgúns modelos portátiles os menús en galego. Desde a firma galega sinalan que teñen configurado en galego os modelos de MP3 P15 e P16, xunto cos de MP4 1017, 1018, 1027 e 1028. Ademais, explican que "actualmente existen algunhas actualizacións de firmware que permiten incorporar o menú galego a modelos que non o traen de serie".

No mercado tamén podemos atopar outras marcas con reprodutores de música, coma SPC Internet, que dispón dos MP4 0359 e 0357 de 1GB, ou do modelo 0365 de 2GB. Meizu, pola súa banda, ofrece o M6 Mini Player de 4GB.

logotipo da Xunta de Galicia\
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia.
Información administrativa e atención ao cidadán  | Suxestións e queixas  | Aviso legal  | Atendémolo/a