Secretaría Xeral de Política Lingüística

Expolinguas: feiras internacionais para a promoción das linguas

O galego viaxa en febreiro a París para estar presente na Expolingua. Trátase dunha feira internacional que, dende hai 25 anos, busca promover o estudo das linguas, defendendo o multilingüismo e desenvolvendo a comunicación internacional.

A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia contará cun expositor para difundir a lingua galega e as súas posibilidades de aprendizaxe, a través dos recursos na rede, dos centros de estudos galegos das universidades francesas e mais dos cursos de verán para estranxeiros en Galicia. Ademais,  haberá minicursos de iniciación á lingua galega.

Para quen?
As expolinguas están abertas ao público xeral. Son de particular interese para os estudantes de linguas, ensinantes, profesionais da tradución, creadores de recursos para a aprendizaxe das linguas en diferentes soportes, medios de comunicación con obxectivos divulgativos de lingua e cultura, representantes de institucións relacionadas coa lingua, investigadores, etc 

 

Que son as expolinguas? 

As expolinguas son espazos de encontro de diversas institucións lingüísticas de todo o mundo e entidades de formación en idiomas, para favorecer o intercambio e a promoción da diversidade de linguas, así como para dar a coñecer ferramentas e posibilidades de aprendizaxe aos visitantes.

A presenza da Secretaría Xeral de Política Lingüística nestas feiras internacionais de linguas permite dar a coñecer aspectos básicos da situación do galego. Anualmente, o posto institucional da lingua galega preséntase en Lisboa, en París, en Berlín e, desde 2008, tamén en Londres.

  

Ligazóns de interese

Aprende linguas con Linguanet europa 

Lectorados e centros de estudos galegos no mundo

Difusión exterior do galego 

 

Expolinguas

Onde?
Na Expo de París, no pavillón 5.2 Porta de Versailles (París)

Cando?
Do 3 ao 6 de febreiro, en horario de 10:00 a 21:00 h o primeiro día e de 10:00 a 18:00 o resto de días

 

logotipo da Xunta de Galicia\
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia.
Información administrativa e atención ao cidadán  | Suxestións e queixas  | Aviso legal  | Atendémolo/a