Secretaría Xeral de Política Lingüística

Está vostede en Inicio

Faille un clic ao galego

Microsoft ofrece a todos os usuarios que o desexen a posibilidade de empregar o galego como lingua principal na interface dos seus ordenadores. Descárgaas en http://www.microsoft.es/gal  

Podes descargar de balde a interface do Windows Vista en galego e as librerías de galego do Office 2007. Lembra que tamén están dispoñibles as opcións de galego das versións anteriores: Windows XP e as versións 2003 de Office.

Ademais, xunto con esta nova aplicación en galego, Microsoft presentou a campaña "Faille un clic ao galego", que busca fomentar o noso idioma e o aumento da produtividade a través das novas tecnoloxías da información e da comunicación. A campaña de difusión inclúe un concurso no que os 6 usuarios que consigan un maior número de descargas desde o día 9 de abril ao 9 de maio por medio doutros usuarios entrarán no sorteo de ordenadores de última xeración das marcas Dell, HP ou Investrónica con Windows Vista en galego e outros premios.

 

 

Presentación: Novas ferramentas TIC en galego para mellorar a produtividade

 O 8 de abril levouse a cabo no Palacio de Congresos de Santiago a presentación destas novas ferramentas tic en galego para mellorar a produtividade, organizadas pola Fundación Galega para a Sociedade do Coñecemento e por INEO, que contaron coa presenza da presidenta de Microsoft Ibérica, Rosa García, e mais do presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño. Na clausura da xornada, a secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López, sinalou que "o futuro das linguas ten nas novas tecnoloxías un novo factor para medir a súa vitalidade e a súa saúde. A familia, a escola, a empresa, a administración -que son os espazos nos que convencionalmente se lles toma o pulso ás linguas-  teñen por forza que atender hoxe ás novas tecnoloxías nesa diagnose, como elemento transversal a todas elas".

Ver noticia

Descarga a intervención completa da s.x. de Política Lingüística, Marisol López.

Descarga a intervención do Presidente da Xunta de Galicia, E. Pérez Touriño

 

As novas tecnoloxías, en galego

Tradutores automáticos, conversor texto-voz, mp3 e mp4, terminais móbiles... Contamos no mercado con diferentes produtos tecnolóxicos que contan con menús e servizos en galego. Coñece algúns deles.


logotipo da Xunta de Galicia\
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia.
Información administrativa e atención ao cidadán  | Suxestións e queixas  | Aviso legal  | Atendémolo/a