Secretaría Xeral de Política Lingüística

Está vostede en Inicio » VIVIR EN GALEGO

Ferramentas informáticas

paquetes ofimáticos sistemas operativos software libre
software para empresas correctores tradutores automáticos
dicionarios en rede Navegadores TDT
Conversor texto-voz buscadores telefonía móbil
reprodutores mp3 e mp4 Sistemas para construir blogs Auditor de accesibilidade web
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Paquetes ofimáticos

 

O paquete en galego para Microsoft Office 2003 ofrece unha interface de usuario en galego para os seus programas Word, Outlook, PowerPoint e Excel. Tamén o paquete de interface do Windows XP e, agora, o Vista. Xa se pode ter o Office 2007 en galego e tamén o sistema operativo Windows. Todo en http://www.microsoft.es/gal

 OpenOffice é un conxunto de aplicacións de oficina que están dispoñibles na rede de xeito gratuíto (software libre) e que conta con procesador de texto, folla de cálculo, programa de deseño gráfico, de presentacións, base de datos, editor visual de páxinas web... Ten todas os programas máis usados de todo e dispoñible para todas as plataformas.

LibreOffice é o novo proxecto de aplicacións ofimáticas que se pode descargar gratuitamente na rede (software libre). Dispón dun procesador de texto, dun editor de follas de cálculo, dun xestor de bases de datos, dun editor de gráficos vectoriais e dun editor de fórmulas matemáticas.

Sistemas operativos:

Logo de Linux- GNU/Linux en galego: os que habitualmente usen o sistema opertaivo Linux, poden baixar moitos programas en galego, como o procesador de textos Abiword, o cliente de mensaxería, configurar o Emule, un xerador de fotos, o cliente FTP e moitas outras aplicacións.

  

Logo de Windows- Windows en galego: ao igual que nos outros sistemas operativos, en Windows tamén se pode dispoñer dunha multitude de programas en galego, dende o cliente de mensaxería instantánea, pasando polo procesador de textos ou o xestor de contidos para weblogs. http://www.microsoft.es/gal. De feito, tamén se pode descargar o parquete de idioma da interface de Windows 7.

 

Logo de Mac- Programas libres para Mac en galego: para os usuarios que teñen un Mac na súa casa ou no traballo, tamén hai dispoñibles aplicacións e programas moi comúns en lingua galega, como o procesador de textos, o correo electrónico, programas de deseño, o navegador para a internet...

 

 - Chrome OS: é un sistema operativo desenvolvido pola empresa Google. Funcion a través do web e a súa principal ferramenta de uso é o navegador Google Chrome. Destaca sobre todo pola súa velocidade e a rapidez coa que abre moitas aplicacións web.

 

- Trisquel GNU/Linux: é un sistema operativo de ámbito xeral, 100% libre e en galego.  Inclúe un conxunto de aplicacións que o fan idóneo para todo tipo de usos: ofimática, ocio, empresa, multimedia, educación... Tes 3 versións: Trisguel, para o escritorio doméstico; Trisguel PeME, para as empresas, e Triskel, con KDE.

 

Galinux

- Galinux: é un sistema operativo completo en galego. Á súa vez é unha adaptación de araOs, metapaquete desenvolvido por Mancomún que usa como base a distribución de Linux Ubuntu e conta tamén con aplicacións de código aberto traducidas ao galego por grupos de voluntarios. Do mesmo xeito ca Ubuntu, Galinux empregará, en principio, o escritorio Gnome.

 

- Gnome: é un contorno de escritorio para plataformas Unix|Linux, empregando como base as librerías GTK+ o que permite ter un entorno amigable e sinxelo para o usuario. É un programa libre e está incluído en practivamente todas as distribucións de GNU/Linux, incluído Fedora e Ubuntu.

 

Navegadores para a internet

Logo de Firefox - Navegador web: Firefox é un navegador web gratuíto, multiplataforma e de código aberto. Incorpora bloqueo de fiestras emerxentes, navegación por separadores, marcapáxinas dinámicos,... Está desenvolvido por unha entidade sen ánimo de lucro e por moitos voluntarios.

 - Chromium: é un navegador web de código aberto que serviu de base para o desenvolvemento do navegador Google Chrome. As pricipais diferenzas do Chromiun con respecto ao Google Chrome é que non ten determinados complementos, como o mecanismo de actualización automática, o Adobe Flash Player, etc. 

- Internet Explorer 9: navegador rápido para a internet que permite que os sitios web se comporten como os programas instalados no teu equipo. Coa función de sitios ancorados permite acceder aos sitios favoritos directamente dende a barra de tarefas de Windows. Ofrece tamén unha barra única para poñer realizar buscas e poñer enderezos web.

Navega en galego: instrucións para configurar en galego o navegador web.

 

Software libre:

 
Recursos de software libre en galego, no portal Mancomún, da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia.

Logo de PidGin- Mensaxería instantánea: PidGin é un cliente de mensaxería instantánea de software libre que funciona cos sistemas máis comunmente usados, como MSN Messenger, Yahoo! Messenger, Google Talk, AOL Instant Messenger...

Logotipo de Compiz Fusion- Compiz Fusion: Compositor de fiestras. Trátase dunha colección de plugins e dun sistema de configuración para o xestor de composición de fiestras Compiz, para o sistema de fiestras X.

 

Logotipo de GimpGIMP: é un programa de edición de imaxes, unha ferramenta para traballar con imaxes que se convertiu nunha alternativa ao Photoshop.  

 

AraOS: é un metapaquete para o sistema operativo Ubuntu que facilita a creación a baixo custo de adaptacións específicas e en galego do sistema operativo Ubuntu de cara a cubrir necesidades de sectores empresariais concretos como a hostalería, o comercio, a educación, a sanidade... 

FireFTP: é un cliente FTP para Mozilla Firefox gratuíto, seguro e multiplataforma que proporciona un acceso sinxelo e intuitivo aos servidores FTP

 

MuseScore: ferramenta que permite facer de xeito doado a edición dunha partitura. Ten un secuenciador integrado para a reprodución inmediata da partitura e tamén un sintetizador de software.

 

Software libre para empresas

Logotipo de E-GroupWareeGroupWare é un conxunto de aplicacións deseñadas para facilitar o traballo en grupo nunha rede corporativa. Permite a xestión de contactos, citas, tarefas e outras funcionalidades como a reserva de salas de reunións, do vehículo comercial da empresa...

Logotipo de WordpressWordpress é un sistema xestor de contidos enfocado á creación de blogues. Un sistema para xestor de contidos facilita a publicación de contidos en internet sen a necesidade de ter coñecementos de deseño web.

Logotipo de B2evolutionB2evolution é un sistema de publicación multiblogue, multilingüe e multiusuario. É un xestor de blogues especialmente interesante para crear bitácoras corporativas. Permite que cada departamento/persoa da empresa conte co seu blogue e todos, ademais, se interrelacionen.

Logotipo de Typo3Typo3 é unha aplicación libre de portal e xestión de contidos (CMS) baixo a licenza libre GPL. Permite crear de xeito sinxelo contidos para páxinas web. Controla unha ou varias bases de datos onde se aloxa o contido do sitio. O sistema permite manexar de xeito independente contido e deseño.

Logotipo de AlfrescoAlfresco é un xestor de contidos empresarial. Permite capturar, xestionar, almacenar e preservar contidos e documentos relacionados cos procesos dunha organización. Noutras palabras son tecnoloxías que facilitan en gran medida a xestión e control da información.

eTicket é unha ferramenta aberta de xestión de incidencias. Estes sistemas facilitan o seguimento das incidencias recibidas nun servizo de soporte.

 

Logotipo de SunbirdSunbird é unha aplicación de calendario multiplataforma. Unha aplicación de calendario proporciona funcións de axenda, lista de tarefas e calendario con alarmas.

 

osCommerce  é unha aplicación de comercio electrónico para xestionar unha tenda virtual. osCommerce consta de dúas partes principalmente, dun catálogo de Produtos onde o cliente pode ver a oferta do vendedor e dun módulo de Administración onde se pode xestionar a propia tenda virtual, actualizando produtos, inserindo novas ofertas...

Sugar CRM é unha aplicación de Xestión de Relación con Clientes (Customer Relationship Manager-CRM) que é usado polas empresas para xestionar a relación cos seus clientes incluíndo a análise e captación destes, almacenaxe e listaxe dos seus datos así como dos provedores e socios e a información interna.

OpenXpertya é unha solución de código aberto de xestión integral para a empresa que engloba ERP e CRM, o que permite a planificación global dos procesos dunha empresa.

 

Orzametal é un programa especializado no proceso de orzamento con destino ás carpintarías metálicas e de pvc. Permite asociar etiquetaxe de produtos aos modelos de obxectos e facilita o control de produción en fábrica.

Software para empresas 

Google Mini é unha solución que integra hardware e software, permitindo realizar buscas nas redes corporativas. Localiza documentos e moitos tipos de información, explora os ficheiros compartidos de xeito seguro (e sérveos) ou valora o peso dos documentos localizados segundo o servidor. Indexa dende 50.000 ata 300.000 documentos.

- Microsoft Dinamycs CRM 2011: programa para administrar as relacións cos clientes, as vendas, atención ao cliente, mercadotecnia, etc.

- Microsoft Dynamics CRM 4.0: programa para administrar as relacións cos clientes, as vendas, atención ao cliente, mercadotecnia, etc.

- Paquete de idiomas para SharePoint Foundation 2010: solución para as empresas que necesitan unha plataforma de colaboración web segura e administrable. Permite que os traballadores das empresas estean en contacto e sexan produtivos.

 - Paquete de idiomas para SharePoint Server 2010: plataforma de colaboración empresarial que permite incrementar a productividade e administrar os contenidos a través da coñecida interface de Office.

Tradutores de galego na Rede:

tradutor ES/GLEsgl: ferramenta de tradución automática castelán-galego, galego-castelán, inglés-galego, galego-inglés e os prototipos francés-galego 8e viceversa) e catalán-galego (e viceversa). O acceso é aberto e gratuíto, cun volume limitado (2.500 caracteres). Traduce webs e textos 

 As entidades públicas dispoñen de licenzas que permiten un volume maior de tradución. Conta tradutor de acceso restrinxido a persoal da Administración pública.  

 

- Lucy KWIK Translator: permite traducir textos breves ou páxinas web do galego ao inglés e ao castelán, e viceversa. Conta cunha versión profesional de pago que permite traducir documentos completos, o correo electrónico ou integrar a aplicación nunha web.

 

 - Opentrad: sistema de tradución automática en código aberto  de uso gratuíto. Permite a tradución bidireccional castelán-galego e galego-portugués e galego-inglés. Tamén fai traducións castelán-catalán e castelán-éuscaro.

 - Traducíndote: mellora sobre Opentrad desenvolvido por un alumno do instituto de educación secundaria Chan do Monte de Mogor, en Marín, de software libre.  O programa permite traducir documentos OpenOffice en varias linguas. 

Logotipo do Instituto Cervantes - Servizo de tradución automática do Instituto Cervantes: tradutor bilingüe castelán-galego e galego-castelán de acceso gratuíto, que permite traducir webs e textos.

   

Logo de Google- Google tradutor: permite traducir do galego a un bo número de linguas, aínda que cunha baixa calidade de tradución.

traductor

traducción automática

 

 
 

Corrector de galego na Rede:

Logotipo de OrtoGal- OrtoGal: corrector ortográfico en liña da Universidade de Vigo.

 

Corrector de galego no sistema operativo:

Golfiño: corrector gramatical de galego para o paquete ofimático libre OpenOffice.org na súas versións GNU/Linux, Windows e Mac OS con licenza GPL

- Para Office 2000, XP e 2003:  permite actualizar o paquete Office 2000, Office Xp e office 2003 ou calquera das súas aplicacións (MS Word - MS Access - MS Excel - MS Powerpoint - MS Outlook) para integrar este novo corrector dentro das opcións de corrección.. Hai que  pór ben a configuración  para corrixir os textos en galego no Word (cómpre cambiar para idioma galego en Ferramentas->Idioma->Definir idioma).

Para OpenOffice: inclúe nesta versión máis de 21 millóns de palabras, 500 abreviaturas, 1500 nomes e apelidos, 400 siglas e acrónimos e 1.500 topónimos e 300 xentilicios.

 

Dicionarios e vocabulario en rede

- Dicionario da Real Academia Galega:  este dicionario establece a norma da lingua galega no referente ao léxico. Permite atopar a ortografía normalizada das palabras e os seus significados, así como información importante sobre a pronunciación, as propiedades gramaticais, os sinónimos, os antónimos, o rexistro, e outros datos útiles para o uso correcto da lingua.

- Digalego: dicionario normativo que incorpora etimoloxías e equivalencias en lingua portuguesa, castelá e inglesa, insire tamén sinónimos, antónimos, variantes, novas traducións e préstamos. Accesible dende o móbil a través do enlace wap.digalego.com

- VOLGA: Vocabulario ortográfico lingua galega

- Vocabularios en liña: referencias terminolóxicas

- Logos: dicionario multilingüe Logos

- RILG: Recursos Integrados da Lingua Galega.

Blogs en galego:


Logo de Blogalego.com blogalego.com 

 Logo de Blogaliza.com blogaliza.com   

 Logo de Nireblog.com Nireblog

 

Xestor de contidos

Logotipo de WordpressWordpress é un sistema xestor de contidos enfocado á creación de blogues. Un sistema para xestor de contidos facilita a publicación de contidos en internet sen a necesidade de ter coñecementos de deseño web.

Logotipo do xestor de contidos XOOPSXOOPS é un xestor de contidos, un sistema de administración (CMS) libre, flexible e, segundo afirman os seus creadores, “doado de usar”, que está en galego. Lanzado sobre licenza GNU, foi concebido usando a linguaxe de programación PHP para permitirlle aos administradores, manexar sitios web dinámicos e construir comunidades en liña.            

Redes sociais

Facebook permite que configures a páxina en galego. Indo a configuración e despois a idioma, pódese escoller o galego, aínda que de momento está en fase beta, polo que aínda ten algúns erros na tradución.

Tuenti, unhas das redes sociais máis coñecidas entre a xente nova, xa está dispoñible en galego. Ademais, o servizo de atención ao usuario da web tamén atenderá aos usuarios que así o queiran na nosa lingua.

Cabozo: trátase dunha rede social galega, feita por galegos e redactada integramente na nosa lingua. Incorpora servizo moi avanzados coma o da videoconferencia. Segundo os seus creadores, tratan de "converterse nunha iniciativa a través da cal fomentar o desenvolvemento de aplicacións web creadas en Galicia ou para os galegos baixo código propio ademais de destacar e identificar as xa existentes".

Latri.ca: é unha rede social galega e redactada na nosa lingua, que permite comunicarse con outros usuarios a través de mensaxes de 200 caracteres. Permite tamén enviar fotos e vídeos e actualizar o teu estado ou indicar en todo o momento o que estás a facer, ben a través do ordenador ou do móbil

                      

Buscadores:

Logo de Google- Google: é un dos buscadores web máis coñecidos do mundo. En "Preferencias" pédese configurar o idioma en galego. Unha vez que se fai, xa sairá por defecto na nosa lingua cada vez que se entre nel.

 

- Bing: é un novo buscador que se pode configurar en lingua galega. Accedendo á parte de "extras" e despois a preferencias xa se pode escoller o galego como o idioma para a vista e o deseño do Bing.  

 
 

Auditor de accesibilidade web

Test de Accesibilidade Web - TAW (Test de Accesibilidade Web) é unha ferramenta para a análise da accesibilidade de sitios web. Permite analizar sitios web completos e a aplicación pódese descargar de forma gratuíta, ademais de existir unha modalidade en liña.

 

Conversores texto-voz

- O sintetizador de voz COTOVÍA permite a conversión dun texto escrito nunha cadea oral, de xeito que a transferencia texto-fala poida facerse cun nivel de calidade aceptable. Desenvolvido no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

Text to speech - Text-to-speech é unha ferramenta para a conversión dun texto escrito en oral, con opción de diversas linguas e imaxe virtual do personaxe que as pronuncia.

 

 - Loquendo: sintetizador de fala desenvolvido en Italia, que ofrece a opción de galego. Na Rede permite consultar a demo.

 

- Phonogal: é un conversor fonético automático para galego. 

 

 

 

O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades desenvolve varios proxectos relacionados coas novas tecnoloxías:

- O ESGL: tradutor automático de textos en castelán para o galego, que realiza unha tradución complexa que ten en conta a totalidade da oración. Incorpora dicionarios, varias gramáticas dos dous idiomas, fai unha análise sintáctica, morfolóxica e, na medida do posible, mesmo semántica, para lograr unha tradución axeitada. É de acceso restrinxido a persoal da Administración pública.

- O sintetizador de voz COTOVÍA permite a conversión dun texto escrito nunha cadea oral.

- O lematizador e etiquetador do galego actual é unha ferramenta que se está a desenvolver para permitir o recoñecemento e a análise automática das formas do galego actual.

- Elaboración permanente de bases de datos de bibliografía, terminoloxía, fraseoloxía, etc. permiten aplicar con facilidade esa información en formato dixital a outros proxectos.

www.oteumobilengalego.com: portal creado para que os usuarios e as usuarias poidan acceder a todos os recursos dispoñibles na nosa lingua para os seus terminais de telefonía e a toda a información sobre as compañías que lles ofrecen aos seus clientes produtos ou servizos en galego. Podes coñecer os terminais que hai actualmente no mercado coa opción do galego e mediante que operadoras conseguilos. Tes ademais a posibilidade de actualizar o teu móbil a través das descargas dispoñibles en "Galeguiza o teu móbil".  

- GalegoApp é unha aplicación para o iPhone que facilita a consulta de termos a través da conexión a internet.

-Coxugalego é unha aplicación para para móbiles co sistema operativo Android que permite conxugar calquera verbo en galego. A aplicación, que é de balde, pódese descargar desde a tenda de aplicacións Android Market a través do móbil.

Aplicacións para iphone e ipad:   

- Galitempo: Galitempo permite coñecer con precisión as predicións meteorolóxicas para os vindeiros días en Galicia, a través da consulta dos datos obtidos dos servizos de Meteogalicia. Poderás coñecer as predicións detalladas para cada localidade (A Coruña, Santiago, Lugo, Vigo, Pontevedra, Fisterra, Monforte, Pedrafita, Pontevedra, Ribadeo, Viveiro, O Barco, Ourense, Verín, Cuntis, Lalín, Vilagarcía), ou consultar as predicións xerais para a evolución do tempo en Galicia.

Contoplanet: Galaxia creou unha aplicación na que seleccionou os seus mellores contos impresos para convertelos nunha experiencia interactiva. Permite ler contos, escoitar as súas locucións en tres idiomas e mesmo dá a posibilidade de que o lector grave a narración, lle dedique o conto a alguén e mesmo o personalice. Hai zonas táctiles, efectos de son e animacións.

- Imaxes de Galicia: permite percorrer a través de fotografías e descricións os espazos máis fermosos de Galicia, como as illas Cíes, a cadetral de Santiago, a praia das Catedrais... e usar estas fotografías como fondo de pantalla do iPad.

Outras ferramentas na rede:

- Miro: é un reprodutor multimedia e xestor de descargas. Miro permite non só reproducir multitude de vídeos e podcasts, senón que facilita a xestión das súas descargas, converténdose nunha interesante ferramenta.

Reprodutores MP3 e MP4:

A empresa galega Blu:Sens, por exemplo, inclúen en boa parte dos seus modelos os menús en galego (se ben aínda non distribúen as instrucións ou a información en liña en galego). Desde a firma galega sinalan que teñen configurado en galego varios modelos. Ademais, explican que "actualmente existen algunhas actualizacións de firmware que permiten incorporar o menú galego a modelos que non o traen de serie". No mercado tamén podemos atopar outras marcas con reprodutores de música, coma SPC Internet ou Meizu.
 

Descodificadores TDT:

Empresas como JVC incorporaron a algúns dos seus modelos a opción de navegar con menús en galego.

Sanyo tamén ten sintonizadores en galego para a TDT e o mesmo acontece con Blu:Sens, que dispón de gravadores na nosa lingua para a TDT con disco duro.

 

Gravador DVD

Blu:Sens sacou ao mercado diferentes modelos de reprodutores de DVD e DivX co menú en galego. A marca ofrece tamén gravadores de imaxe cun disco duro interno.  Para os usuarios máis avanzado está o gravador MPEG4 con disco duro, sintonizador TDT, WiFi e conexión HDMI.

Libros electrónicos e tabletas


Libro electrónico Inves

Blackberry PlayBook

GPS

- TomTom: O departamento de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Beade vén de crear unhavoz en galego para os GPS TomTom. A voz está compartida na web de TomTom, polo tanto podes utilizar o programa TomTom HOME para descargala e instalala automaticamente no teu navegador GPS. Para buscar a voz escribe Irene-IES Beade ou pon galego como filtro. Tamén o podes descargar nestoutra web.

- O Angel Driver é un dispositivo GPS que permite coñecer con exactitude os radares dos que informa a Dirección Xeral de Tráfico. Ademais, avisa o condutor da velocidade á que se circula e a máxima que permite a vía na que se atopa.

 

Podcasts  

  - Podgalego.org: sitio onde se poden atopar os podcasts galegos (arquivos de audio que poden baixarse da rede, para posteriormente escoitalos no PC ou no reprodutor de MP3).

 

Xeolocalizador

Logotipo de Ipoki Ipoki é un orixinal e innovador sistema que permite gravar avisos xeorreferenciados e recibilos en terminais móbiles (como PDA, móbiles, portátiles, etc.). A través dun mapa pódese saber en todo momento onde está un e tamén ter localizada á xente coñecida. 

 

Infórmate, en galego, das novidades tecnolóxicas:

www.codigocero.com: publicación en galego na rede sobre novas tecnoloxías.

A Malla das Telecos: blog en galego sobre internet, televisión e telefonía móbil.

Galiloxía: a tecnoloxía en galego.

Ferramentas gratuítas para protexer o teu equipo do Instituto Nacional de Tecnoloxías da Comunicación (INTECO)

 

Lingua

CilenisConxugador: conxugador de verbos en galego.

 

Outras ligazóns

Manual de lingüística computacional. Gómez Guinovart (2000).

 

logotipo Unesco Multilingüismo no ciberespazo (Unesco)

 

Dominio .gal

Logo da iniciativa .galwww.puntogal.org é unha iniciativa que pretende conseguir para a lingua e a cultura galega un dominio propio na internet. A proposta encádrase nos dominios de primeiro nivel esponsorizados. 

galego, lingua galega, idioma galego, gallego, lengua gallega, idioma gallego

 

Novas tecnoloxías

 

plan xeral de normalizacion lingüística

punto gal

O teu móbil en galego

Colabora:

Coñeces outros servizos dispoñibles en galego?

sxpl.web@xunta.es

logotipo da Xunta de Galicia\
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia.
Información administrativa e atención ao cidadán  | Suxestións e queixas  | Aviso legal  | Atendémolo/a