
20, 21, 22, 27, 28, 29 de abril: A Coruña, Vigo e Lugo:
Inscrición: https://www.edu.xunta.es/fprofe
Data limite de inscrición: 12 de abril
Criterio preferente de selección: pertenza ao ENDL que deberá certificarse mediante mensaxe electrónica do director ou directora do centro ao CFR correspondente
4, 5, 6, 11, 12, 13 de maio: Ourense, Ferrol, Pontevedra
4, 5, 6, 11, 12, 18 de maio: Santiago de Compostela
Inscrición: https://www.edu.xunta.es/fprofe
Data limite de inscrición: 23 de abril
Criterio preferente de selección: pertenza ao ENDL que deberá certificarse mediante mensaxe electrónica do director ou directora do centro ao CFR correspondente
-
Material presentado por Ignasi Vila Mendiburu na xornada de formación para o profesorado encargado de desenvolver os proxectos de innovación en normalización lingüística premiados no curso académico 2007- 2008. Na súa intervención analiza os plans educativos do contorno, desenvolvidos polo Departament d´Educació da Generalitat de Catalunya.
IV Seminario de Dinamización Lingüística (2009)
Tríptico informativo para A Coruña
Tríptico informativo para Santiago
Tríptico informativo para Vigo
Tríptico informativo para Pontevedra
Tríptico informativo para Ourense
Materiais descargables:
- Actitudes lingüísticas en Galicia. Os prexuízos e as actitudes son determinantes para o aumento/ diminución dos usos, así como para os procesos de revitalización lingüística. A profesora Ana Iglesias Ávarez analiza nesta presentación uns e outras. Presenta asemade unha serie de documentos para o traballo na aula.
- Monolingües, bilingües, trilingües... esta é a cuestión? Relatorio presentado por Artur Noguerol Rodrigo. Ensinar e aprender lingua e comunicación nunha sociedade multilingüe e multicultural esixe do docente un cambio de perspectiva, de rol e de metodoloxía. Neste novo contexto o Proxecto Lingüístico ( e comunicativo) de Centro adquire unha relevancia nuclear e a aprendizaxe integrada das linguas preséntase como única alternativa viable. Texto introdutorio.
- O PNDL do IES Chano Piñeiro (Forcarei). Un posible modelo para un contexto galegófono: Proxecto de dinamización lingüística presentado polo CEIP de Forcarei no IV Seminario de Dinamización Lingüística. A análise da realidade do centro amosa un alumnado maioritariamente galego falante, pero con moitos prexuízos cara a lingua propia. Os programas que, dende hai varios anos, se desenvolven no centro asocian o galego con ámbitos de prestixio, ofrecen referentes modernos e sitúan a lingua nun contexto europeo.
Materiais de descarga para a elaboración do Proxecto lingüístico de centro:
- Proxecto de colaboración co contorno, gañador dos premios de innovación en normalización lingüística 2006-2007 e 2008-2009, presentado no III Seminario de Dinamización Lingüística. Nel seguimos os pasos dun proxecto que nace inicialmente para dar visibilidade social á lingua e evoluciona, en pouco tempo, a un modelo de planificación lingüística para o concello, o Modelo Burela.
- "El proyecto lingüístico de centro". Montserrat Ferrer Ripollés Universitat Jaume I / IES Penyagolosa
- "El proyecto lingüístico de centro": documento e presentación. Rafael Fresquet Fayos
- "A elaboración do Proxecto Lingüístico de Centro". Vicent Pascual

