4.44.400 refráns galegos e as equivalencias galegas duns 4.100 refráns case
No terceiro número de "Cadernos de Fraseoloxía Galega" publícase unha monografía da autoría de María do Rosario Soto Arias. Nela ofrécenos equivalencias castelás duns 4.400 refráns galegos e as equivalencias galegas duns 4.100 refráns casteláns
Máis refráns. A lingua galega conta cunha enorme riqueza fraseolóxica. No Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades vense desenvolvendo un labor de investigación fraseolóxica que permitirá contar cun Tesouro fraseolóxico galego conformado por fontes orais e fontes escritas. Ademais, o proxecto de Fraseoloxía impulsa estudos fraseolóxicos e fraseográficos en Galicia, mediante Coloquios e a revista Cadernos de Fraseoloxía Galega. As súas publicacións pódense descargar na rede.
Música e refráns: Refráns e coplas populares da gaita e do gaiteiro, do Obradoiro de Gaitas Seivane.
Fraseoloxía visual. Para revitalizar e difundir a nosa fraseoloxía, o Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela realizou un traballo de fraseoloxía no que se visualiza o significado de frases feitas a través de imaxes suxestivas.
Unha aplicación para móbiles con case 10.000 refráns. O Refraneiro galego é unha aplicación para iPhone, iPod e iPad que permite consultar os 9.500 refráns que o compoñen, incluso en modo offline (sen estar conectado a internet). A aplicación, que se pode mercar en Apple Store por un prezo de 0,79 euros, tamén permite compartir os refráns nas redes sociais ou a través do correo electrónico.
