Secretaría Xeral de Política Lingüística

Está vostede en Inicio

Galgo

BENVIDOS Á WEB DO CORRECTOR DE GALEGO IMAXIN GALGO 2.0 ©

O corrector imaxin Galgo é o primeiro corrector que soluciona non só erros de carácter tipográfico e ortográfico, senón tamén léxicos, que se poden atopar en textos escritos en galego.

Esta nova versión de imaxin Galgo actualiza e mellora esta ferramenta, pensada para a análise dos problemas de carácter ortográfico e léxico que poidan aparecer en textos escritos en galego.

Melloras incorporadas nesta versión:

  • Adaptado á norma da Real Academia Galega (2003).
  • Actualizado para as novas versións de Microsoft Word para Windows 
    • Window XP, Windows Vista e Windows 7 (32 e 64 bits).
    • Word de MS Office 2003, MS Office 2007 e MS Office 2010 (32 e 64 bits).

  • Versión para Microsoft Office de MAC 
    • A actual versión do Galgo para a plataforma Mac funciona para os seguintes sistemas operativos: Mac OS Snow Leopard e Mac OS Lion.
    • Microsoft Word de Office:mac 2011.

 
O CORRECTOR

Integración nos procesadores de texto estándar
Traballa cos procesadores de texto estándar Microsoft Office Word 2003, 2007 e 2010 para Windows e Microsoft Office Word 2011 para as versións de Mac para Snow Leopard e Lion.

Diferentes niveis de suxestións
Para a corrección dos textos, conta con diferentes niveis de suxestións e adáptase ao tipo de corrección que o usuario ou a usuaria desexe. Pode funcionar como detector de palabras incorrectas, sen achegar suxestións; como detector de erros ortográficos (chaval-chacal, volvoreta-bolboreta etc.) ou como detector de erros complexos, para o que propón tanto suxestións léxicas de palabras e verbos (andiven-andei, adxunten-engadan, chaval-mozo) coma suxestións ortográficas e tipográficas.

Dicionario de usuario
Contén un dicionario personalizable polo usuario ou a usuaria, onde se poderán inserir as palabras non detectadas no texto ou aquelas que desexamos que non corrixa. As funcións que podemos aplicar sobre esta lista son as de “Suprimir”, “Engadir” ou, simplemente, “Procurar” unha palabra. Cada nova entrada inserida aparecerá por orde alfabética.

Dicionarios externos
Poderemos inserir dicionarios terminolóxicos ou especializados, o que facilitará a corrección de documentos técnicos. Estes dicionarios diferéncianse dos anteriores en que están validados por especialistas en terminoloxía e non se poderán modificar.

Diferentes tipos de corrección textual
Podemos corrixir dende o comezo do documento partes previamente seleccionadas co rato ou a partir da posición do cursor.

Funcións estándar de corrector
O corrector imaxin Galgo 2.0 axústase ao estándar en corrección lingüística. Contén as funcións: “Comezar”, “Deter”, “Ignorar”, “Cambiar”, “Engadir”, “Ignorar sempre” e “Cambiar sempre”.

Correccións de erros léxicos (+)
No nivel de corrección máis complexo, podemos corrixir palabras ou verbos incorrectos de aparencia galega polas formas equivalentes correctas. Este é o caso da forma conxugada “*agotouse” que corrixirá pola autenticamente galega “esgotouse” ou o da palabra “*herencia” que corrixirá polos correctos “herdade”, “herdanza” ou “herdo”. O corrector Galgo corrixe deste xeito máis de 17.000 palabras e preto de 5.000.000 de formas verbais incorrectas. Este tipo de suxestións van precedidas dun signo non imprimible (+).

Correccións de erros tipográficos e ortográficos
Corrixe tanto erros tipográficos, resultado de operacións de inserción, substitución ou borrado de caracteres, ou cadeas de caracteres inválidos sobre palabras válidas, coma erros ortográficos resultado do descoñecemento da grafía correcta dunha palabra.

logotipo da Xunta de Galicia\
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia.
Información administrativa e atención ao cidadán  | Suxestións e queixas  | Aviso legal  | Atendémolo/a