Secretaría Xeral de Política Lingüística

Está vostede en Inicio

Galimatías

EL PATITO | Galimatías

A editorial El Patito edita e distribúe gratuitamente a revista xuvenil de historieta Galimatías, que achega as mellores historietas en lingua galega a todos os rapaces e rapazas. Gal e Matías, os protagonistas, son o álter ego de calquera adolescente, cos seus gustos, teimas e ideais.

Nesta segunda tempada, Gal e Matías reinterprétanse, grazas á man dunha nova debuxante que lles dá un aspecto máis desenfadado e moderno. A actividade conta este ano con varias novidades. Por un lado, creouse o blog do Universo Galimatías, un espazo aberto a todo o que acontece no mundo do cómic en Galicia e fóra das nosas fronteiras.

Por outro lado, o prestixioso debuxante Fran Bueno impartirá dez obradoiros de creación de banda deseñada.

Dos 13 aos 18 anos.

 

Datas:

  • 12/11/2010: na Porta Aberta de Santa Cruz de Oleiros, ás 18:30 horas
  • 19/11/2010: na Casa da Mocidade de Narón, ás 17:00 horas
  • 10/12/2010: en Poio, no Centro cultural Xaime Illa Couto, ás 17:00 horas
  • 23/12/2010: en Ames, na Casa da Cultura do Milladoiro, ás 18:00 horas
  • 04/02/2011: na Casa da Xuventude de Mondoñedo, ás 18:00 horas 
  • 11/02/2011: no Auditorio Municipal de Lalín, ás 11:00 horas 
  • 18/02/2011: no Centro Cívico de Mugardos, ás 18:00 horas 
  • 11/03/2011: na Casa Museo Curros Enríquez de Celanova , ás 18:00 horas
  • 18/03/2011: no Local Sociocultural de Lestrobe, en Dodro, ás 18:00 horas
  • 08/04/2011: obradoiro en Ribadavia, na Casa da Cultura, ás 18:00 horas
  • 20/05/2011: obradoiro en Betanzos, no Centro cultura Santo Domingo, ás 18:00 horas

 

logotipo da Xunta de Galicia\
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia.
Información administrativa e atención ao cidadán  | Suxestións e queixas  | Aviso legal  | Atendémolo/a