Secretaría Xeral de Política Lingüística

Hai algún tradutor automático de castelán a galego?

 

tradutor ES/GLO Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades desenvolveu, en colaboración coa empresa catalá Incyta (posteriormente Sail Labs, SL), unha ferramenta de tradución automática castelán-galego (Esgl), que utiliza técnicas de enxeñaría complexas para permitir a consideración da totalidade da oración no proceso de tradución. O acceso é aberto e gratuíto, cun volume limitado (2.500 caracteres). As entidades públicas dispoñen de licenzas que permiten un volume maior de tradución.

Opentrad é un sistema de tradución automática en código aberto para as linguas do Estado, de uso gratuíto e que permite a tradución bidireccional castelán-galego, castelán-catalán e castelán-éuscaro. Pódense obter traducións automáticas de documentos (.txt, .rtf ou .html) sen límite de caracteres, traducir automaticamente o texto escrito na pantalla ou mesmo navegar en galego sobre webs en castelán. Está desenvolvido por un consorcio de universidades e empresas no que participan a Universidade de Vigo e Imaxín. Este sistema usa as tecnoloxías libres Apertium para as linguas románicas e Matxin para o par castelán-éuscaro.

Traducíndote é unha mellora sobre Opentrad recentemente desenvolvido por un alumno do instituto de educación secundaria Chan do Monte de Mogor, en Marín, de software libre.  O programa permite traducir documentos Open Office en varios pares de linguas: galego, español, catalán, portugués.

No espazo web do Instituto Cervantes está dispoñible de balde o sistema de tradución automático ATS (Automatic Translation Server), que permite verter textos e webs do castelán ao galego e do galego ao castelán. Está sometido a unha actualización permanente e tamén recoñece para a tradución textos en galego non adaptados aos cambios normativos de 2003.

traductor

traducción automática

logotipo da Xunta de Galicia\
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia.
Información administrativa e atención ao cidadán  | Suxestións e queixas  | Aviso legal  | Atendémolo/a