2011
- O Servizo de Normalización da Universidade da Coruña, co finaciamento da Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca a cuarta edición do Curso de Verán de Lingua e Cultura Galega para Estranxeiros, que ten como obxectivo proporcionarlle ao alumnado un achegamento á lingua e á cultura propias de Galicia combinando as actividades teórico-prácticas con actividades culturais.
- Inscrición: ata o 30 de maio
- O Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca a cuarta edición do Curso de Verán de Lingua e Cultura Galega para Estranxeiros, que ten como obxectivo proporcionarlle ao alumnado un achegamento á lingua e á cultura propias de Galicia combinando as actividades teórico-prácticas con actividades culturais.
- Inscrición: ata o 31 de maio
- A Secretaría Xeral de Política Lingüística, o Instituto da Lingua Galega e a Real Academia Galega organizan a vixésimo cuarta edición dos Cursos de Verán de Lingua e Cultura Galegas para Estranxeiros da Universidade de Santiago de Compostela, que terán lugar do 4 ao 29 de xullo de 2011.
2010
Os cursos terán lugar na Coruña do 5 ao 30 de xullo de 2010, preferemente en horario de mañá, de 10.00 a 13.00 horas na Facultade de Filoloxía da UDC.
Inscrición: hai que incribirse antes do 28 de maio de 2010. O importe da matrícula son 60 € e ofrécense 15 bolsas de estadía de 500 € brutos.
Texto íntegro da convocatoria e modelo de solicitude
Os cursos terán lugar en Vigo do 5 ao 16 de xullo e en Allariz do 16 ao 26 de xullo de 2010.
Inscrición: hai que incribirse antes do 23 de abril de 2010. O importe da matrícula é de 90 € e ofrécense 25 bolsas de 450 €.
Os cursos terán lugar na Universidade de Santiago de Compostela do 2 ao 30 de xullo de 2010.
Inscrición: poderanse inscribir todas as persoas que o desexen, sempre que teñan máis de 18 anos. A ficha de inscrición e a documentación requirida no caso de petición de bolsa debe presentarse na secretaría dos cursos (Praza da Universidade, 4, Santiago de Compostela) antes do 1º de maio de 2010.
As tres universidades organizan cursos de verán de lingua e cultura galegas para estranxeiros que acollen, cada ano, durante o mes de xullo, máis dun cento de alumnos procedentes de diversos países de todo o mundo, desde Xapón ata a Arxentina, coa intención de adquirir coñecementos sobre a lingua e a cultura de Galicia.
Información nas tres universidades:
- Cursos de verán da Universidade de Santiago de Compostela, organizados polo Instituto da Lingua Galega, a Real Academia Galega e a Secretaría Xeral de Política Lingüística
- Cursos de verán da Universidade da Coruña, organizados en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística
- Cursos de verán da Universidade de Vigo, organizados en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística
