Velaquí vos amosamos algunhas das ideas que fomos recibindo para celebrar o Día das Letras Galegas. Grazas pola vosa participación!
Do mesmo xeito que se promove a cultura e a edición de materiais en GALEGO e se lles libra ás Editorias cantidades inxentes de diñeiro público, ¿sería moito pedir que se INCENTIVEN os esforzos do profesorado para levar a cabo o proceso normalizador da lingua galega?
Aqueles funcionarios que soliciten un complemento mensual de 60 €uros brutos estarían 'obrigados' a acatar os trámites que lles foran esixidos pola Administración Educativa para comprobar o bo funcionamento das medidas adoptadas. Os que non o soliciten poderían manter a lingua castelá nas súas aulas sen ningún tipo de problema.
A medida sería moi exitosa para a Política Lingüística e lonxe de representar un custo nos orzamentos a medio prazo poderíamos AFORRAR MOITOS CARTOS en esforzos inútis (cursos, propaganda, plans de lectura, actuacións da inspección, resolución de conflictos, etc...)
Someto á consideración desa Secretaría Xeral esta INICIATIVA que tería unha dobre virtude: por un lado apostar en firme polo emprego do galego nas aulas e por outra banda garantir a liberdade lingüística dos cidadáns.
Aquelas persoas que por motivos ideolóxicos quixeran renunciar ó seu complemento lingüístico poderían beneficiarse se quixeran dunha deducción fiscal do 25% da coantía anual do complemento en calidade de doazón voluntaria á Normalización Lingüística Galega.
Ven de aprobarse un Plan de Lectura con 50 millóns de Euros até o 2011… eu me pregunto porque ós profesores non teñen dereito a ser recompensados polo seu traballo a prol da lingua galega cando tódolos demáis sectores parecen sacar beneficios da defensa do galego?
O Presidente da Real Academia Galega leva moita razón cando afirma que agora hai unha "presión maior nos institutos para que todo se someta á norma e non sei se iso é bo".
Parece que somos os funcionarios públicos ós únicos responsables da perda no uso do galego... e os críticos coa RAG (Mesa de Normalización) deberan saber que grazas a estes mesmos funcionarios docentes o Galego goza hoxe de boa saúde... O futuro das linguas non se pode determinar por decreto...!
Os profesionais do ensino tamén somos de carne e oso, comemos coma todo o mundo aínda que non cobramos 'dietas' por representar a ninguén nas Institucións do pais... a nosa laboura calada de días, anos, lustros... NUNCA É RECOMPENSADA ECONOMICAMENTE... e o resto da sociedade o sabe ben!
Un Complemento Lingüístico para os docentes que empreguen o galego nas súas aulas LIBREMENTE... non ten porque ser un problema cando se destinan millóns de euros á industria do audiovisual en galego, ás editorias para a normalización dos libros de texto, ás bibliotecas escolares, ós departamentos de lingüística aplicada, á traducción de sistemas informáticos...
¿É moito pedir ser tratado igual que tódolos demáis?
En defensa da nosa lingua e da Liberdade! Erasmo
Celebraría o día das letras galegas 2007 co anuncio de que por fin vanse ter en conta ós dereitos dos profesionais do ensino e vaise PROMOVER unha Normalización Lingüística respectuosa co traballo calado e nunca remunerado dos profesores neste pais.
Celebraría tantas cousas...
...que mellor sería empezar polas máis sinxelas: publiquen a miña mensaxe por favor...! Erasmo
Do mesmo xeito que se promove a cultura e a edición de materiais en GALEGO e se lles libra ás Editorias cantidades inxentes de diñeiro público, ¿sería moito pedir que se INCENTIVEN os esforzos do profesorado para levar a cabo o proceso normalizador da lingua galega?
Aqueles funcionarios que soliciten un complemento mensual
de 60 €uros brutos estarían 'obrigados' a cantas cuestións burocráticas lles foran solicitadas por parte da Administración Educativa para comprobar o bo funcionamento das medidas adoptadas.
Os que non o soliciten poderían manter a lingua castelá nas súas aulas sen ningún tipo de problema. Penso que a medida sería tan exitosa para a Política Lingüística que lonxe de representar un custo extraordinario nos orzamentos á medio prazo poderíamos AFORRAR MOITOS CARTOS en esforzos inútis (cursos, propaganda, plans de lectura, inspección, conflictos, etc...)
Someto á consideración desta Secretaría Xeral INICIATIVA do Complemento Docente Lingüístico!
Entendendo que a liberdade de falar calquera das linguas oficiais do Estado estaría garantida e sabendo das necesidades económicas do sector o exito da medida podería sorprenderlles.
Nota: As persoas que por motivos ideolóxicos quixeran renunciar ó seu complemento lingüístico voluntariamente poderían ter unha deducción fiscal do 25% da coantía anual como doazón voluntaria á Normalización Lingüística Galega.
Hoxe mesmo vexo aprobado un Plan de Lectura con 50 millóns de Euros até o 2011 (nos mesmos 4 anos con só 9 Millóns de Euros 3000 profesores poderían traballar a lectura en lingua galega nas aulas... Pero os cartos vanse en FOGUETES, FESTAS E CONMEMORACIÓNS...! Erasmo

