Secretaría Xeral de Política Lingüística

Está vostede en Inicio » POLÍTICA LINGÜÍSTICA » Servizos

Informes de onomástica

Asesoramento Lingüístico resolve dúbidas sobre as formas galegas dos nomes de lugares (topónimos) e de persoas (antropónimos). Elabora tamén documentos informativos de xustificación das formas galegas fronte ás castelás, para presentar no Rexistro Civil ou nos xulgados.

A Lei 40/1999, do 5 de novembro, sobre nomes e apelidos e a orde destes, engádelles á posibilidade de substituír o nome propio polo seu equivalente onomástico en calquera das linguas do Estado, a opción de regularizar ortograficamente nomes e apelidos cando a forma inscrita no rexistro non se axeite á gramática e á fonética da lingua correspondente.

Envíe a súa consulta.

 

Toponimia. As dúbidas sobre topónimos galegos (concellos, parroquias e lugares) pode resolvelas directamente no Nomenclátor de Galicia: http://toponimia.xunta.es

O mapa dos apelidos. O Instituto da Lingua Galega e a Real Academia Galega, en colaboración co Cesga, ofrecen na rede a posibilidade de consultar a cartografía dos apelidos de Galicia, a partir dos datos do Instituto Nacional de Estatística (2001).

 

 

 

Asesoramento lingüístico

Atención ao público

Tfno.: 981 54 68 78 (de luns a venres, de 9:00 a 14:00)
Fax: 981 54 44 24
Enderezo electrónico: sxpl.asesoramentolingua@xunta.es

Enderezo físico: R/ Pastoriza, n.º 8
15871 Santiago de Compostela

 

logotipo da Xunta de Galicia\
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia.
Información administrativa e atención ao cidadán  | Suxestións e queixas  | Aviso legal  | Atendémolo/a