
A posibilidade de estudar a lingua e a cultura de Galicia en Universidades de América, Asia, Europa e mesmo de Oceanía é unha realidade consolidada que leva contribuído de maneira fundamental á difusión exterior do galego, á investigación lingüística desde perspectivas moi diversas, e tamén ao prestixio da lingua entre os seus propios falantes, ao observar o interese e recoñecemento que posúe fóra.
Na actualidade, o galego é obxecto de estudo en máis de corenta universidades. A maior parte delas contan con lectores –licenciados en Filoloxía Galega-, asentados en departamentos coñecidos como Centro de Estudos Galegos, que imparten materias de lingua galega adaptadas ás necesidades do alumnado de cada universidade (gramática histórica, cursos de conversa, cursos de lingua e civilización, etc.).
REDE DE CENTROS DE ESTUDOS GALEGOS
