Letras Galegas 2011: ano de
Lois Pereiro

Nacido o 16 de febreiro de 1958 en Monforte de Lemos, Lois Pereiro foi un dos referentes da poesía galega contemporánea. En 1975, con 17 anos, marchou a Madrid continuar os seus estudos e alí fundará a revista Loia, xunto con Xosé Manuel Pereiro, Antón Patiño e Manuel Rivas. Nesta publicación verán a luz os seus primeiros versos, algúns dos cales serán recollidos posteriormente en Poemas para unha loia (1996).
Durante a súa mocidade gaña o Premio de Poesía O Facho e participa nos dous libros colectivos De amor e desamor (Edicións do Castro, 1984 e 1985). Será Poemas 1981-1991 (Edicións Positivas) a obra que o converta, segundo Manuel Rivas, "no clásico que ten a literatura galega sen sabelo".
Desde a cidade da Coruña, onde se estableceu a comezos da época dos 80, Lois Pereiro participará de forma activa nun momento de cambio, de experimentación e de apertura a múltiples tendencias e influencias foráneas que reflectiu e exemplificou na súa produción creadora.
Morre o 24 de maio de 1996, pouco despois de publicar Poesía última de amor e enfermidade 1992-1995 (Edicións Positivas, 1995), “un libro intenso e apaixonado, dos máis duros e descarnados da literatura galega”, en palabras de seu irmán, Xosé Manuel Pereiro.
Coñece máis sobre a vida e obra de Lois Pereiro a través dun texto de Xosé Manuel Pereiro no web da Real Academia Galega, onde se pode consultar tamén o programa de actos conmemorativos do Día das Letras Galegas.
Material complementario:
- Material imprimible en A4 (pdf)
- Vídeo en 3D editado en galego
- Vídeo en 3D editado en inglés
(descarga todo o material en moi alta resolución)
>>Material elaborado polos Seminarios de Formación Permanente Lois Pereiro, Material Didáctico sobre Lois Pereiro e Lois Pereiro na Rede para difundir, no Día das Letras Galegas, a figura de Lois Pereiro. Participan os seguintes centros: CEIP de Galán, de Oseiro-Arteixo, CEIP Eusebio da Guarda, da Coruña, CEIP Torrente Ballester, de Sigrás-Cambre, CEIP Luís Seoane, de Mera-Oleiros, CEIP Montel Touzet, da Coruña, CEIP Portofaro, do Temple-Cambre, CEIP Praia de Quenxe, de Corcubión, CEIP Virxe do Mar, de Narón, CEIP Wenceslao Fernández Flópez de Cambre, EEI de Vilarrodís, de Arteixo, CEIP San Xosé Obreiro, de Meicende, Arteixo, CEIP María Barbeito, da Coruña e CEIP Portosín, de Porto do Son.
Díptico, Exposición, Biografía, Material para educación infantil, Material para 1º ciclo de primaria, Material para 2º ciclo de primaria, Material para 3º ciclo de primaria, Lois Pereiro en 40 preguntas.

>> Marcapáxinas elaborado polos alumnos e alumnas do CEE de Vilagarcía de Arousa con ocasión do festexo do Día das Letras Galegas.

>> Material elaborado polo CEIP de Laredo (Chapela ) o CEIP Igrexa (Chapela ), a EEI do Con (Moaña), O CEIP Alexandre Bóveda (Chapela ) e o CEIP Porto Cabeiro (Cabeiro), coa Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Redondela. Trátase dun divertido conto viaxeiro centrado na figura de Lois Pereiro.
>>A festa do galego é un proxecto multidisciplinar, plurianual e colectivo, estreitamente relacionado coa pintura, que axudou a celebrar dun xeito distinto o Dia das Letras Galegas 2011. Está elaborado polo CEIP A Guía, Moaña.
- A festa do galego, desenvolvemento da xornada (despois de descargar o arquivo hai que executar PicasaCD.exe) e reportaxe da xornada no programa A Revista da TVG.
>> O EDLG do CIFP Ánxel Casal-Monte Alto aproxímase con este audiovisual á figura de Lois Pereiro da man dalgunhas persoas que tiveron relación con el, achegando puntos de vista cheos de sentimento e recoñecemento. Non se trata dunha biografía nin dun estudo da súa obra en clave academicista senón dunha testemuña desde o coñecemento profundo da persoa por unha parte, e como inspiración artística, musical e fotográfica, por outra.
>> Caderno da emoción e da palabra: caderno didáctico sobre Lois Pereiro que ten unha primeira parte de obradoiros de poesía cunha visión lúdica e sinxela co obxectivo de rachar posibles prexuízos. Para os máis pequenos elaborouse unha “caza do tesouro” dixital con contidos e sentido estético, directamente relacionados co caderno impreso. A actividade forma parte do proxecto do EDLG do IES María Casares e contou coa colaboración do Servizo Lingüístico do Concello de Oleiros.
> Xornada Letras Galegas e Internet
> Lois Pereiro nos supermercados:
> Actividades no exterior, a través dos centros de estudos galegos
> Difusión institucional da Xunta de Galicia:
![]()
Material sonoro sobre as Letras Galegas: audio 1 e audio 2
> Información da Consellería de Cultura e Turismo
> Páxina de Lois Pereiro en Blogaliza
> Edición facsimilar de Loia desde o web do Consello da Cultura Galega





