Letras Galegas 2011

Título: Caderno da emoción e da palabra e documental
Centro: IES María Casares, Oleiros
Ano académico: 2010-2011
Descrición: caderno didáctico sobre Lois Pereiro que ten unha primeira parte de obradoiros de poesía cunha visión lúdica e sinxela co obxectivo de rachar posibles prexuízos. Para os máis pequenos elaborouse unha “caza do tesouro” dixital con contidos e sentido estético, directamente relacionados co caderno impreso. A actividade forma parte do proxecto do EDLG do IES María Casares e contou coa colaboración do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Oleiros.
