Secretaría Xeral de Política Lingüística

Está vostede en Inicio

Letras Galegas e Internet

Xornada Letras Galegas e Internet

A coincidencia no 17 de maio da celebración do Día das Letras Galegas e do Día de Internet constitúe unha boa oportunidade para facer dialogar estes dous elementos decisivos hoxe para o futuro dos galegos e das galegas. As novas tecnoloxías e a lingua son ferramentas básicas para o noso desenvolvemento social e persoal e, cada vez máis, forman parte da configuración da nosa identidade.

A información e as tecnoloxías derivadas das telecomunicacións e da informática como medio para transportala precisan do vehículo lingüístico para chegar ás persoas. A lingua galega, como elemento definitorio da comunidade humana que conformamos, constitúe un valor engadido para que esa chegada sexa efectiva, próxima, empática. Para a lingua galega, pola súa parte, a canle da Internet e das novas tecnoloxías ofrece un novo pulo para a súa difusión, para o seu prestixio, para a multiplicación das súas funcións sociais. Para os falantes, ese diálogo en marcha entre lingua galega e tecnoloxía abre as portas á posibilidade de facer vida en galego.

A Secretaría Xeral de Política Lingüística quere aproveitar esta data de festexo para contribuír a difundir entre a sociedade os novos recursos lingüísticos dispoñibles a través da Rede. Con este obxectivo organiza a xornada Letras Galegas e Internet, que terá lugar en Santiago de Compostela o vindeiro xoves 19 de maio, e na que tamén colaboran a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica e a Secretaría Xeral de Medios.

Boa parte destes recursos lingüísticos que se presentan na xornada son aplicacións nas que a secretaría xeral está a colaborar para contribuír á calidade da lingua e ao seu prestixio social, que lle ofrecerán á cidadanía novas oportunidades para sentirse máis segura traballando e comunicándose en galego no lecer e nas relacións a distancia.

A xornada poderase seguir por Internet en directo, de 10:30 h a 13:30 h, en www.cmg.xunta.es/emision/directo/directo.htm  

Programa

 


Destacados anteriores

logotipo da Xunta de Galicia\
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia.
Información administrativa e atención ao cidadán  | Suxestións e queixas  | Aviso legal  | Atendémolo/a