- Declaración Universal dos Dereitos Humanos do 10 de decembro de 1948. Aprobado e proclamado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas, o 10 de decembro de 1948. Artigo 2.1.
- Convención Internacional sobre os dereitos dos nenos do 20 de novembro de 1989. Adoptada e aberta ó asinamento e ratificación pola Asemblea Xeral de Nacións Unidas na súa Resolución 44/25, do 20 de novembro de 1989. Artigos 17, 20 e 30.
- Declaración Universal dos Dereitos Lingüísticos. Barcelona 1996.
- Instrumento de ratificación da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias, en Estrasburgo o 5 de novembro de 1992. BOE núm. 222, do 15 de setembro de 2001. 2º Informe periódico de España sobre a aplicación en España da Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias. 2006 / 2º Informe final do Comité de Ministros do Consello de Europa, sobre a aplicación en España da Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias (en inglés)
- Constitución española de 1978. Artigos 3, 20 e 148.
- Lei Orgánica 4/2001, do 12 de novembro, reguladora do Dereito de Petición. Artigo 5. BOE núm. 272, do 15 de novembro de 2001. Suplemento en galego núm. 15, do 1 de decembro de 2001.
- REAL DECRETO 905/2007, de 6 de xullo, polo que se crean o Consello das Linguas Oficiais na Administración Xeral do Estado e a Oficina para as Linguas Oficiais. BOE núm. 172, do 19 de xullo de 2007.
- Lei Orgánica 14/2007, de 30 de noviembre, de reforma do Estatuto de Autonomía de Castilla y León. Artigo 5.3. BOE núm. 288, do 1 decembro de 2007.
- Orde EDU/1190/2007, do 28 de xuño pola que se establece a materia optativa de bacharelato "lingua e cultura galega" e se aproba o currículo. BOCyL, núm. 130, de 5 de xullo de 2007.
> Disposicións xerais:
- Lei Orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de Autonomía para Galicia. Artigo 5. BOE núm. 101, do 28 de abril de 1981.
- Lei 3/1983, do 15 de xuño, de Normalización Lingüística. DOG núm. 84, do 14 de xullo de 1983.
> Na Administración periférica do Estado en Galicia:
- Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico da Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo común. Artigos 35 e 36. BOE núm. 285, do 27 de novembro de 1992.
- Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. Disposición adicional sexta. BOE núm. 150, do 23 de xuño de 2007. Suplemento en galego núm 17, do 2 de xullo de 2007.
> Na Administración Autonómica:
- Decreto 44/2006, do 2 de marzo, de estrutura orgánica dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia. DOG núm. 53, do 16 de marzo de 2006.
- Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega. Artigos 12.3 e 15.7. DOG núm. 136, do 14 de xullo de 2006.
- Decreto 258/2006, do 28 de decembro, polo que se crea a Comisión Interdepartamental da Xunta de Galicia para a Normalización Lingüística. DOG núm. 13, do 18 de xaneiro de 2007.
- Decreto 145/2007, do 19 de xullo, polo que se modifica o Decreto 44/2006, do 2 de marzo, de estrutura orgánica dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia. DOG núm. 148, do 10 de agosto de 2007.
- Lei 13/2007, do 27 de xullo, de modificación da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia. Artigo 33. DOG núm. 165, do 27 de agosto de 2007.
> Na Administración Local:
- Lei 5/1988, do 21 de xuño, do uso do galego como lingua oficial polas entidades locais DOG núm. 124, do 30 de xuño de 1988.
- Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia. Artigos 7, 238, 240, 245 e 252. DOG núm. 149, do 5 de agosto de 1997.
> Na Administración de Xustiza:
- Lei 40/1999, do 5 de novembro, sobre nome e apelidos e orde destes. Artigo 2. BOE núm. 266, do 6 de novembro de 1999. Suplemento en galego núm. 12, do 15 de novembro de 1999.
- Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil. Artigos 142 e 144. BOE núm. 7, do 8 de xaneiro de 2000. Suplemento en galego núm. 2, do 5 de febreiro de 2000.
- Lei Orgánica 15/2003, do 25 de novembro, pola que se modifica a Lei orgánica 10/1995, do 23 de novembro, do código penal Artigo 314. BOE 283, do 26 de novembro de 2003. Suplemento núm. 15, do 1 de decembro de 2003.
- Lei 12/2005, do 22 de xuño, pola que se modifica o artigo 23 da Lei do 8 de xuño de 1957, do Rexistro Civil. BOE núm. 149, do 23 de xuño de 2005. Suplemento en galego núm. 7, do 1 de xullo de 2005.
- Real Decreto 1553/2005, do 23 de decembro, polo que se regula a expedición do documento nacional de identidade os certificados de sinatura electrónica. BOE núm. 307, do 24 de decembro de 2005. Suplemento en gaelgo núm. 13 do 30 de decembro de 2005.
- Lei 24/2007, do 9 de outubro, pola que se modifica a Lei 50/1981, do 30 de decembro, reguladora do Estatuto Orgánico do Ministerio Fiscal. Artigos 36.6 e 3737. BOE núm. 243, do 10 de outubro de 2007. Suplemento en galego núm. 25, do 18 de outubro de 2007.
> Na Educación:
- Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia. DOG núm. 97, do 25 de maio de 2010.
- Decreto 421/2003, do 13 de novembro, polo que se aproban os estatutos da Universidade de Vigo. DOG núm. 237, do 5 de decembro de 2003.
- Decreto 28/2004, do 22 de xaneiro, polo que se aproban os estatutos da Universidade de Santiago de Compostela. DOG núm. 27, do 9 de febreiro de 2004.
- Decreto 101/2004, do 13 de maio, polo que se aproban os estatutos da Universidade da Coruña. DOG núm. 100, do 26 de maio de 2004.
- Real Decreto 1631/2006, do 29 de decembro, polo que se establecen as ensinanzas mínimas correspondentes á educación secundaria obrigatoria. Artigos 3 h, 4, 5, 13, 14.8, disposición adicional I e Anexo III. BOE núm. 5, do 5 de xaneiro 2007 .Suplemento en galego núm. 2, do 10 de xaneiro 2007.
- Decreto 124/2007, do 28 de xuño, polo que se regula o uso e a promoción do galego no sistema educativo. DOG núm. 125, do 29 de xuño de 2007.
- Decreto 130/2007, do 28 de xuño, polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. DOG núm. 132, do 9 de xullo de 2007.
- Decreto 133/2007, do 5 de xullo, polo que se regulan as ensinanzas da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia. DOG núm. 136, do 13 de xullo de 2007.
- Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (Celga). DOG núm. 146, do 30 de xullo de 2007. Corrección de erros.-Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (Celga)
- Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia. DOG núm. 121, do martes, 23 de xuño de 2009.
- Decretos de Formación profesional, que desenvolven o Decreto 124/2007, do 28 de xuño. Consulta actualizada en http://www.edu.xunta.es/fp/curriculosfp.htm
-
Equipos de normalización e dinamización lingüística:
-
Decreto 374/1996, do 17 de outubro, polo que se aproba o Regulamento orgánico das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria. Os artigos 27, 53, 61, 62, 63, 64, 65, 66, 67 e 68 fan referencia á constitución, funcións e outros aspectos relacionados cos equipos de normalización lingüística.
- Corrección de erros. Decreto 374/1996, do 17 de outubro, polo que se aproba o Regulamento orgánico das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria, DOG do 6 de novembro de 1996. Artigo 63 relativo ao nomeamento do profesorado pertencente ao equipo de normalización lingüística.
- Orde do 22 de xullo de 1997 pola que se regulan determinados aspectos de organización e funcionamento das escolas de educación infantil, dos colexios de educación primaria e dos colexios de educación infantil e primaria dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Capítulo V: 2.1.13: redución horaria para a persoa coordinadora do equipo de normalización ; Capítulo VI. 3: formación do equipo de normalización lingüística.
- Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria. Os artigos 53, 77, 82, 83, 84, 85, 86, 87 e 100 fan referencia á constitución, funcións e outros aspectos relacionados cos equipos de normalización lingüística.
- Orde do 1 de agosto de 1997 pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento do Decreto 324/1996 polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria e se establece a súa organización e funcionamento. Artigos 27, 28 e 84 fan referencia ao proxecto que debe elaborar o equipo de normalización, ao financiamento deste proxecto e á redución horaria da persoa coordinadora.
- Decreto 7/1999, do 7 de xaneiro, polo que se implantan e regulan os centros públicos integrados de ensinanzas non universitarias. Artigos 29, 30, 33, 34, 35, 36, 37 e 70 fan referencia á constitución, funcións e outros aspectos relacionados cos equipos de normalización lingüística.
- Decreto 124/2007, de 28 de xuño, DOG do 29 de xuño, polo que se regula o uso e promoción do galego no sistema educativo. Os artigos 18 e 19 fan referencia ao nomeamento, funcións, coordinación e outros aspectos relacionados cos equipos de normalización e dinamización lingüística. A disposición adicional segunda establece os dereitos da persoa coordinadora.
> Topononimia:
- Decreto 332/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da Provincia de Ourense. DOG núm. 169, do 29 de agosto de 1996.
- Lei 2/1998, do 3 de marzo, sobre o cambio de denominación das provincias de La Coruña e Orense. BOE núm. 54, do 15 de xuño de 1998. Suplemento núm. 0, do 15 de xuño 1998.
- Decreto 174/1998, do 5 de xuño, polo que se modifica o Decreto 43/1984, do 23 de marzo, polo que se regulan as funcións e a composición da Comisión de Toponimia. DOG núm.118, do 22 de xuño de 1998.
- Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra. DOG núm. 144, do 28 de xullo de 1998.
- Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo. DOG núm. 16, do 25 de xaneiro 2000.
- Decreto 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña. DOG do 25 de marzo de 2003 e Corrección de erros. DOG núm. 59, do 4 de abril de 2003.
- Lei 12/1984, do 28 de decembro, do Estatuto Galego do Consumidor e Usuario. DOG do 1 de febreiro de 1985.
- Decreto 185/1994, do 16 de xuño, sobre a utilización do idioma galego nos productos e información ao consumidor e usuario en Galicia. DOG núm. 120, do 13 de xuño de 1994.
- Lei 60/2003, do 23 de decembro, de arbitraxe. Artigo 28. BOE núm. 309, do 26 de decembro de 2003. Suplemento en galego núm. 2, do 16 de xaneiro de 2004.
> Medios de comunicación e industrias culturais:
- Lei 9/1984, do 11 de xullo, de creación da Compañía de Radio-Televisión de Galicia. DOG núm. 148, do 3 de agosto de 1984.
- Lei 29/2005, do 29 de decembro, de publicidade e comunicación institucional. Artigo 9. BOE núm. 312, do 30 de decembro de 2005. Suplemento en galego núm. 1, do 2 de xaneiro de 2006.
- Lei 17/2006, do 27 de decembro, do libro e da lectura de Galicia. DOG núm. 7, do 10 de xaneiro de 2007.
MARCO XURÍDICO PARA O USO DAS LINGUAS EN EUROPA
O uso nas institucións europeas das linguas oficiais españolas distintas do castelán está recoñecido, aínda que de forma limitada; polo de agora, o galego non é lingua oficial de traballo na UE.
O 13 de decembro de 2004 o Goberno español solicitou ao Consello da Unión Europea que concedese ás linguas cooficiais en España o estatuto de lingua oficial da UE. A proposta española supoñía a incorporación do galego, éuscaro e catalán/valenciano á lista de linguas oficiais europeas prevista no Regulamento 1/1958 polo que se fixa o réxime lingüístico da Comunidade Económica Europea.
Aínda que o Consello de Europa non concedeu a devandita oficialidade, si que decidiu institucionalizar o uso destas linguas nos tres ámbitos que sinalan as conclusións do Consello do 13 de xuño de 2005, que se resumen no seguinte:
1- Os cidadáns poderán ter dereito a dirixirse ás institucións e aos órganos da Unión Europea nunha destas linguas.
2- As institucións poderán permitir o uso destas linguas nas sesións orais.
3- Os actos derivados do procedemento de codecisión poderán ser traducidos a estas linguas.
USO DO GALEGO NA UE
Desde finais de 2005, diversas institucións e organismos da UE veñen asinando acordos administrativos co Estado español para posibilitar o emprego das linguas cooficiais nas condicións fixadas polo Consello:
- O Comité das Rexións (acordo de 16 de novembro de 2005)
- A Comisión Europea (acordo de 21 de decembro de 2005)
- O Consello de UE (17 de febreiro de 2006)
- Comité Económico e Social Europeo (7 de xuño de 2006)
- Parlamento Europeo (3 de xullo de 2006)
- Defensor do Pobo Europeo (20 de novembro de 2006)
- Tribunal de Xustiza das Comunidades Europeas (acordo de 27 de abril de 2009)
O Tribunal de Contas non ten subscrito acordo ata o momento
1. Uso escrito
O procedemento xeral recoñecido en todos os acordos establece que o cidadán, no canto de enviar a carta directamente á institución ou ao órgano europeo co que queira contactar, debe enviala a un organismo designado polo Estado español. Este encargarase de elaborar unha tradución certificada ao castelán e de enviala ao órgano ou institución comunitaria competente que, á súa vez, remitiralle ao organismo designado unha resposta en castelán. O devandito organismo traducirá de volta a resposta ao galego e enviará ambos os dous documentos ao destinatario. De existir un prazo, este computarase a partir do día no que a institución ou órgano europeo competente reciba a tradución enviada polo órgano designado. A data de resposta, será o día en que esta sexa enviada ao órgano designado pola institución ou órgano europeo.
No caso de recibir comunicacións en galego por parte dos cidadáns, as institucións e órganos europeos indicaranlles a estes o procedemento oficial para empregar o galego na UE, a través do organismo designado. No caso do Valedor do Pobo Europeo esta resposta farase mediante unha carta tipo redactada en galego.
Excepción de honra a este sistema é o Parlamento Europeo que se encargará directamente de realizar as traducións pertinentes da correspondencia entre os cidadáns e a institución. A Comisión Europea e o Comité Económico e Social tamén contemplan a posibilidade de que sexan os seus propios servizos internos os encargados de elaborar a tradución, sempre que os medios necesarios estean dispoñibles. De non ser posible, estas tres institucións acudirán a servizos externos que serán pagados polo Estado español.
En todos os casos, se o cidadán dispón dun prazo para actuar despois de recibir a resposta, esta será dirixida en castelán directamente ao interesado, sen prexuízo do seu dereito a recibir unha tradución ulterior ao galego.
En ningún caso as institucións ou organismos europeos se responsabilizarán do contido da tradución do organismo designado ou dunha mala interpretación derivada desta.
2. Uso oral
O Consello da UE e o Comité das Rexións permiten intervir en galego nas súas sesións e plenos. En ambos os casos a Representación Permanente de España ante a Unión Europea (REPER) deberá solicitar esta posibilidade ante estes órganos con sete semanas de antelación. A confirmación efectuarase dúas semanas antes da reunión. No caso do Consello, a REPER deberá dar unha previsión indicativa do eventual uso do galego ao inicio de cada semestre. Nos dous casos, concederase a interpretación pasiva se se dispón dos medios materiais e do persoal necesarios.
3. Tradución ao galego da lexislación comunitaria decidida conxuntamente polo Parlamento Europeo e o Consello (actos adoptados en codecisión)
O Estado español publicará os textos emanados do procedemento de codecisión na páxina web da Administración Xeral do Estado e correrá con todos os gastos que ocasione a tradución destes. Deberá, así mesmo, enviar unha copia certificada e electrónica á Secretaría Xeral do Consello, que lles facilitará copias, preferentemente electrónicas, aos cidadáns que o desexen. Tanto o Consello como o Parlamento Europeo ofrecerán senllas ligazóns electrónicas cara as devanditas versións traducidas nas súas páxinas web.
galego, lingua galega, idioma galego, gallego, lengua gallega, idioma gallego
