Secretaría Xeral de Política Lingüística

Está vostede en Inicio

María Mariño

Letras galegas 2007: ano de María Mariño

No 2007, o Día das Letras Galegas estivo dedicado a María Mariño. A poeta, nacida en Noia no ano 1918, viviu máis tarde no Courel, onde faleceu enferma de leucemia en 1967.

Estableceu amizade con Uxío Novoneyra e coa súa familia e froito das súas viaxes comeza a escribir narracións e poemas.

María Mariño é recoñecida sobre todo polo seu poemario Palabra no tempo, que viu a luz en 1962. Xa enferma, escribiu Verba que comenza. En 1994 publicouse a súa obra completa.

 

O Día das Letras galegas instaurouse en 1963 por iniciativa da Real Academia Galega e é desde aquela, e sen interrupción, a festa anual das nosas letras. Celébrase o 17 de maio e dedícase cada ano a un autor galego elixido en xunta ordinaria pola propia Real Academia Galega.

Ao longo do ano adoita haber celebracións ao redor da figura homenaxeada, que contribúen á difundir na sociedade o coñecemento das obras e das personalidades recoñecidas cada ano.

 

Convocatorias Premios Letras Galegas 2007

Centros gañadores do concurso-exposición Letras Galegas 2007:

IES de Poio (Pontevedra)

CEE Santiago Apóstolo (A Coruña)

Descarga os materiais editados

 

Convocatorias webquests sobre Letras Galegas 2007

Gañadores 2007:

Categoría A (infantil e primaria):

Primeiro premio: Norberto Blanco Dorrío (CEIP Baños de Molgas)

Coñecendo a María Mariño Carou

Segundo premio: Amalia Mato Landeira (CPI de Bembibre)

María Mariño, unha poeta única

Categoría B (resto de niveis de ensino non universitario):

Primeiro premio: Noemí Pazó, Marisa Fariña e Pablo Balsas
(IES Maximino Romero de Lema)

Viaxeira

Segundo premio: Xosé Duyos e Luís Aldegunde (CPI dos Dices)

María Mariño, tecedeira da fala 

 

Libros web colaborativos Letras Galegas 2007

Libros colaborativos:

17 de maio. Alumnado estranxeiro (CEIP Julio Gurriarán)

A mesma meniña, María Mariño (CEIP Praia de Quenxe)

A miña avoa vai á escola (Colexio Pablo VI - Fátima)

Froriñas dos valados (CRA de Rianxo)

María Mariño: dinamiteira da fala (CEIP Nosa Señora dos Remedios)

Muller do seu Tempo (CEIP Valeixe)

O camiño de volta (CEIP Dionisio Gamallo)

Unha visión de María Mariño (Centro Privado Concertado Andaina)

Maio: o mes... de María Mariño (CEIP O Piñeiriño)

LIBROS WEB

Centros gañadores:

1- Categoría A (infantil e primaria)

Primeiro premio : Centro Colexio Pablo VI- Fátima da Rúa – Ourense

Autores: Xosé Manuel Pérez Ares e Mª do Carme Méndez Pérez.

Título libro: A miña avoa vai á escola

600€ para adquisición de material relacionado coas tecnoloxías da información e da comunicación e un lote de agasallos para o alumnado participante ( entre os agasallos, lapis USB) 

Segundo premio: Centro CRA de Rianxo

Autor: Tobías Betanzos Rego

Título: Froriñas dos balados

300€ para adquisición de material relacionado coas tecnoloxías da información e da comunicación e un lote de agasallos para o alumnado participante (entre os agasallos, lapis USB)

* Por decisión unánime do xurado, acordouse conceder unha mención especial ao CEIP de Valeixe da Cañiza, Pontevedra. Aínda que non recibirán dotación económica porque a convocatoria non recollía a concesión de accésits, si recibirán un lote de agasallos para o alumnado e profesorado participante.

2- Categoría B: restantes niveis de ensino non universitario

Primeiro premio:  Centro concertado Andaina (Culleredo)

Autora: Esther Vázquez Blanco e titores de EPO e ESO

Título: Unha visión colectiva de María Mariño

600€ para adquisición de material relacionado coas tecnoloxías da información e da comunicación e un lote de agasallos para o alumnado participante ( entre os agasallos, lapis USB)

Segundo premio: Declarado deserto

 

Máis información sobre o Día das Letras Galegas

 

  

 www.17demaio.org

 María Mariño en www.culturagalega.org

Descargas

 

Calendario das Letras Galegas, editado pola Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia

  

logotipo da Xunta de Galicia\
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia.
Información administrativa e atención ao cidadán  | Suxestións e queixas  | Aviso legal  | Atendémolo/a