Na Memoria de actividade 2009 da Secretaría Xeral de Política Lingüística recóllense as principais iniciativas dunha nova etapa de actuación política baseada na dinamización social da lingua, na implicación dos axentes sociais de diferentes sectores para o seu progresivo impulso social, que permita lograr unha ampliación dos espazos de uso para vivir en galego.
Esa é a concepción que marca o conxunto de actividades desenvolvidas e mais a xeneralidade do plan de actuación previsto para os vindeiros tres anos. O balance de actividade destes primeiros meses queda recollido nesta publicación.
