Secretaría Xeral de Política Lingüística

Está vostede en Inicio

Motivos polos que falar galego

Velaquí van algúns dos motivos que expresades para falar en galego. E ti? Xa nos deches o teu?

Un motivo pra falar galego? Eu creo que hai motivos a esgallo. O galego é pra min un sentimento especial, cando o oio falar éncheseme o corazón e de súpeto síntome moi agredecido de ter lingua e cultura propias. Non entendo á xente que se arreda do galego e se aferra ao castelán por pensaren que é a lingua que se debe falar. Cada vez a xente mete máis o castelán no galego por arremedar aos famosos ou vai ti saber. Vaia vergoña. Eu acabo de mudarme do pobo(Lalín) prá cidade(Vigo) e notei moita diferenza e sentinme obrigado contra a miña vontade de falar castelán por ser un máis entre os rapaces. Quero retornar ao galego pero dáme un non sei qué :( pero co que lin hoxe nesta páxina coido que me sentirei máis motivado. Grazas irmaos.
Sempre Galiza ;) Fondevila

 

Falo galego porque meu corazón así o pide, porque meus desexos, soños e sentimentos nacen dentro de min en galego, porque non o concibo doutra maneira e meu cerebro así o aconsella.
Porque é a lingua da Galiza dende sempre e ata sempre, como non podería ser doutra maneira.
Con agarimo e con tenrrura, este idioma, lingua de dulzura como non hai outra, é o noso, o dos galegos e galegas.
Amade a vosa lingua e empregadea apaixoadamente, mais sen recor contra quen a ataque, non vale a pena gastar unha soa pinga de saliba para pelexar contra a ignorancia, convatidea con amor cara a vosa terra galega e ensinadelle o camiño a seguir ás vosas crianzas nela, sede coma Galiza, nai de todos, os que empregan a súa lingua e tamén nai de quen a detesta.
Saúdos. Rober 

 

Eu estiven vivindo en Cataluña durante 3 anos, onde non puiden traballar naquilo que me gustaba por non ter o Catalán de nivel C. Foi estando fóra como me decatei do importane que é ter e defender a propia lingua, aquela que nos distinde do resto e que dun xeito íntimo ábrenos portas e dános un privilexio dáqueles que non a teñen. Vivo en Lugo, e aquí a xente da cidade fala moi pouco o galego, a verdade, e sen ofender a ninguén,para min a actitude negativa de falar o galego e dun alto grao de ignoranza. A que estamos esperando? A que veñan os de fóra a defender a nosa lingua? Gústame falar o galego porque me sinto diferente do resto, para min falar o galego é un orgullo e por suposto un nivel elevado de cultura. Gustaríame ir pola rúa e ver os carteis en galego, que nas tendas atendesen a xente en galego, gustaríame ter un xornal en galego,... que os nenos dos colexios empregaran o galego como lingua de relación primaria,...En fin cántos anos teñen que pasar para que pase isto. Canto temos que aprender doutras comunidades que defende a súa lingua coma un tesouro. vanesa

 

Por que comezei a falar na nosa lingua e dende aquilo loito por defendela, e dende (galizacontos) traballo coas letras.
Eladio Bernabé Fernández Rodriguez 

 

Porque é o idioma da nosa gran nación. 

 

a lingua é cultura! enriquecenos e fainos mais ceibes!!
falemos galego sen avergoñarnos! é a nosa lingua, a lingua da nosa terra, onde nacemos e onde nos criamos!! da que temos morriña cando imos fora!!
porque non falar a nosa lingua sen prexuizos?? moita xente pensa que falar galego é de aldeanos, de brutos, de paletos... porque ter vergoña do noso acento? se é o noso??

para min falar o galego é un indicio de enriquecemento persoal e cultural!! e non por isto renego do castelan, pero hai que potenciar a nosa lingua que moita xente quere matar, ou simplemente deixa morrer!!

FALA GALEGO SEN PELOS NA LINGUA!! rebeca-ourense 

 

Non vexades o difícil que é manter a lingua galega nos territorios estremeiros da Galiza. Falo galego no Bierzo, dentro dunha sociedade que estraga o galego ante a presión maioritaria dos casteláns e a forza asoballante das administraciois públicas. Pero tira moito a herdanza galego-berciana dos meus antergos. Seguirei puxando por manter a miña lingua pero máis importante é que os bercianos asuman a necesidade de manter a nosa lingua territorial galega. Animo a todos a seguir a miña loita acotío en www.obierzoceibe.blogspot.com Xabier lago mestre

 

Falo jalejo porque sí, porque me sae de dentro porque non podería ser doutra maneira, porque nacín galega nun país lonxano, porque mamei a lingua co meu avó e a miña avoa, porque me quixeron en galego, me rifaron en galego, me aloumiñaron en galego, me entenderon en galego, me amaron en galego, porque non o sei facer doutro xeito. Falo galego porque alguen o rexeita e eu quero protexelo, porque a meu avó o trataron como paleto por falalo e alén diso, el seguiu falándoo, porque á miña avoa lle daba vergoña non ser "señorita" e falar castelán e sempre falou galego; porque llo debo. Porque non podía ser doutro xeito. Porque amo, odio, quero, sinto rabia, ledicia, tristura, morriña...e todo o sinto en galego. ShEva

 

Eu non son galega, son catala, mais estou a aprender e gustame moito, e unha lingua fermosa, e é a cara da cultura e o caracter galego. Coido que ao contrario do que din alguns politicos, en todo o pais deberíamos estudar, ni que fora un poquiño as 4 linguas oficiais e seguramente sentiriamos máis proximidade entre uns e outros. Dende Barcelona. Africa

 

Porque me encanta a nosa lingua. A lingua que lle escoitei falar aos meus avós e aos meus pais dende que teño uso de razón. No colexio tiven un profesor excelente (e de esquerdas) que sempre nos recordaba que en todos os lugares do mundo hai algún galego que sente morriña por Galiza e que non temos porque sentir vergoña, é mais, teños que estar orgullosos e ledos de responder ás cuestións con outra pregunta.
Como bos galegos!!!
Falade a lingua nai!! Patricia 

 

Se non falo galego, non sabería falar. Hai algo máis alá do instante mesmo da fala que me leva a esta lingua que é miña. Ningunha outra podería ser a miña lingua. Só ela me entende e sabe dicir o que eu quero. CARME

 

Por que ademais de ser españois somos galegos, e temos que usar o noso idioma,non e normal que a xente fale castelan cando temos un idioma propio, hai que falar os dous idiomas tanto o castelan como o galego, non se pode deixar de lado o noso idioma¡FALEMOLO GALEGO, O GALEGO E DE TODOS! Marta

 

porque é a lingua na que soño
porque é parte do meu ser
porque é unha lingua doce e fermosa
porque non podemos deixar que desapareza
porque é reflexo dunha cultura e dun pobo
porque me sinto orgullosísima de ser galega
e por mil razóns máis...
por iso falo galego. Anxos

 

a min os meus pais educaronme falando castelan (teño 14 anos)fai un ano comezei a ler a un galeguista como o que máis:Castelao.
Sempre en Galiza,fìxome ver que se nòs;os galegos,non somos capaces de defender o galego e a mesma Galiza,que o vai facer...os españois que soamente preocùpanse por castela,non;soamenete nós:os galegos somos os capaces de defender os nosos galegos como galegos e tamèn defander os nosos dereitos como españois(como asi o di a constitucion :s)
porque(por exemplo)os galegos temos que cobrar de salario anual 3.700 euros co resto de Galiza porque non ter os mesmos dereitos e o mesmo nivel ecònomico que Catalunya e Euscady(iso ten dous respostas)a 1ª e porque os galegos ainda non despertamos e non sabemos a quen e como votar para ter un nivel de vida favorable e igualitario como o resto de españois.
agora falo galego(custoume comezar a falalo) e o meu sono e poder participar e ser un politico que non chupe do bote, non.
un político volcado soamente nos interes de galiza e non nos meus persoais(a nivel laboral)
por iso un neno de 14 anos:vai berrar como un tolo pra facer unha galiza en galego
e por facer unha galiza ceibe na españa con poder economico tan forte como o catalan
galiza ceibe. Carlos

 

Cómpre buscar motivos para empregar unha lingua??? A lingua séntese, vívese e forma parte das nosas vidas. Que, por que falo galego? Porque é a lingua na que penso, na que escribo, na que me relaciono coa xente, coa que me emociono, coa que me expreso... É a lingua de meus pais, de meus avós, de meus bisavós, dos meus amigos, dos meus irmáns, da miña vila, do meu contorno. En definitiva, é a lingua de todo o que quero e aprecio. É a MIÑA LINGUA. Ánxeles

 

Eu falo galego porque un día espertei nun país fermoso, cheo de mar e orballo miudiño, cheo de verde e xeada fresca.
Pero tamén falo a lingua galega pola lenda que nos precede e por todos os que loitando morreron por ela.
Se eu falase outra cousa neste paraíso de loita, non sería merecente de vivir nel. Rosa

 

Eu son castelana pero estou en Galiza por amor, por amor ao meu marido que quiso regresar a súa terra e por amor a esta terra do meu marido. Eu quero aprender a falar ben, por iso intento aprobar o examen CELGA 4 e despois faré o CELGA 5 porque si Galiza va a ser a miña terra debo falar a sua lingua e debo facerlo con ilusión pero tamén correctamente. Un saúdo. Ro

 

Ao final todo é moi sinxelo. Falo galego porque así me considero, e tamén español no resto de España por que tamén así me considero. Pero os galegos somos poucos na inmensidade do universo, e dende logo se non somos nós os que coidemos e fomentemos a fala ningúen o vai facer. Persoalmente todo canto tramite oral ou escrito desenvolvo das fronteiras da Nosa Terra para adentro fagoo en galego, por moitas dificultades que as veces elo conleva. Poden dicir o mesmo os galegos-españois (coma min) que nin os Bos Días dan en galego?. Estaría todo maís claro se tivesen a honradez de recoñecer que só lles interesa a lingua maior, que son galegos por que cadroulles nacer aquí pero que en realidade só se consideran integrantes do "todo" desprezando a "parte". Ribeiro 

 

Porque é a lingua da xente que quero, da xente que comparte o meu espazo e a miña vida.
Porque é a lingua coa que expreso o que quero
e o que rexeito,
o que desexo
o que sinto
Porque é a lingua que escoitei desde o berce
coa que me amamantaron
porque é a lingua que sempre mantivo un facho aceso
aínda cando as treboadas ameazaban con apagalo para sempre
porque é a lingua dun pobo
DO MEU POBO
é a lingua dunha xente
DA MIÑA XENTE
porque é máis que unha lingua
É A MIÑA LINGUA
Montse 

 

Porque,aínda que non descoñezo o motivo que obrigou aos nosos pais e avós a avergonzarse de falar galego e a rexeitalo de tal maneira que non quixeron trasmitírllelo aos seus fillos, e ese motivo era lícito naqueles tempos, creo que estamos nun momento propicio e quizais sexa o derradeiro que teñamos para comprometernos co idioma falándoo ,que é o único compromiso necesario.Aproveitemos a ocasión e non tiremos pedras contra a administración que seguramente non fai todo o que pode pero fai algo.Non sintamos que nos están a impoñer nada, aproveitemos o memento. María

 

Non peder todala enseñanza dos meus avos, pais e a xente do mar de galicia. ESTA E A MIÑA TERRA. Sintome unha galega de verdade, sin politicas. LIBRE. Sabela

 

Porque son de aquí! Sacaúntos

 

O motivo de falar galego es que min avo era galego de Cruña e viaxo a Arxentina, eu so neto de galego e Galicia e miña terra tamen.
Si ben soy argentino mi avos eran galegos, enton non po de llevar o galeguismo no sangre. E quiero decirle a todos que uno nace en un lugar, pero el corazon esta en el lugar que mas amas, en mi caso Galicia donde quero morir. Carlos

 

Falo galego ante todo porque son galega. Porque foi o galego a lingua que oín ao nacer, a lingua que me cantou miña nai, a lingua coa que xoguei...
Falo galego porque é a miña lingua. A lingua do noso pobo e a que escribe a nosa historia.
Que vou falar que non sexa galego se é a miña lingua?
Se non falo galego non son eu. O galego é identidade, é Galicia, somos nós. BureLA 

 

Levo algúsn meses fóra de Galicia e boto de menos moitas cousas, entre elas a miña lingua. Pero quero dicir aos políticos que baixen algunha vez do coche oficial e escoiten falar galegos nas aldeas á xente de máis de 50 ou 60 anos. Descubrirán que non se deben dicir cousas como "Esta mañá se celebrou..." senón "celebrouse". Dáme a impresión de que "inventaron" ese galego urbanita-aburguesado-nacionalista para facer ver que galego si, pero con glamur... Carlos

 

Atopeime con iste portal por casualidade e gustoume, por isto dígovos que me sinto unha afortunada por ter nacio en Galicia e seguir a disfrutar dela, sempre pensei que era como nacer nun paraiso aquí na terra. Amo ao noso idioma, porque dende pequena, no meu entorno, fixeron que me gustara, por isto, creo que o primeiro que hai que facer é que os nenos aprenda a amalo, non impoñerllo como unha obriga, iso no é doado., e as consecuencias estanse a ver. Un sáudo, e unha grande aperta. Eugenia

 

O meu motivo para falar en galego é porque me sinto galega. Galiza é a miña nazón. Quérolle ao meu país, ás xentes, á paisaxe.........a todo o que é Galiza. Marisol

 

Os b e v en galego non se cambian porque si, nin por diferenciarnos do castelán, é cuestión de etimoloxía, de como se escribía en latín, a lingua da que provén o galego fundamentalmente. Por iso antes de dicir barbaridades sobre as grafías do galego, hai que documentarse un pouquiño, e non criticar por criticar. O que non se pode facer e escribir as cousas igual que en castelán para non parecer "separatistas", xa que cada lingua ten a súa historia e non se trata de copiar nin diferenciarse de ninguén. Eu

 

 

Porque non son un cadelo. Salcedao

 

Atopei este portal por casualidad e por eso :
Propoñovos que deixedes de escarallar o idioma galego. Ides conseguir o que non pudo facer o Franco, erradicalo a forza de aburrir ós alumnos e os pais e abós con tanta carallada sin sentido. Que e eso de cambiar/trocar B por V so por diferenciar, e outras arbitrariedades (presuntamente xustificados por os NOVOS ENTENDIDOS do tema.
Os que mantemos o galego, mal que vos pese, somos nos, os de sempre, a xente da rua, os que non ocupan cargos na política, que o falamos toda a vida cando había que falar o castelan.
Ahora que obligades a falar o galego ¿e qué galego? , voume decantar por falar solo o castelan.
A historia (con H) dirá que acabou/rematou co didioma galego.
Por certo, nin teño titulo de galego nin falta que me fai. Por si non o sabedes nunca o precisei pra me entender cos meus veciños, ademais de ser discriminatorio e xa non digo legal porque as leis estan para que fagades os que vos da a real gana.
Que pena de pais onde andades con caralladas coma traducir o Asterix ... en esas ideas van os cartos que nos "apañades". Porque non creo que sexades capaces de poñer un peso/euro do voso peto.
En tanto o grado de estulticia imperante na actualidade non cambie, so nos quedará o recurso do pataleo (coma o presente) xa que non hay barberías onde discutir do tema.
Un saudo.
Por certo, non vos poño a dirección electrónica correcta porque tal e como está o tema dos datos personais, coma que e moi delicado.  Un súbdito de esta nova oligarquía

 

O meu motivo para deixar de falar galego, é qeu vivin moitos anos nunha dictadura onde me impuxeron o castelán e non voy permitir que me impoñan agora que teño que falar galego.Sempre temos que imitar a cataluña, nós somos un pobo único e diferente a ver si se dan conta............ DINA

 

Paréceme incrible que faledes de imposición do galego por un decreto que só pretende que os galegos teñamos o dereito de recibir o ensino en galego, o cal estivo prohibido durante tanto tempo en Galicia. O que se nos está a impoñer é o castelán, que o temos ata na sopa, só que como é subliminalmente e non por decreto, parece que non se nota tanto. Se falades galego sempre, pensar que a lexislación está a impoñer en lugar de intentar favorecernos, é patético. Reflexionade un pouco e non subscribades o que din por aí uns cantos que para empezar seguramente nin leron o decreto nin saben que a maior parte de Galicia fala galego. 

 

E que son galego, xa e da bondo. Xoan

 

Porque cando o fago noto un sentimento que me agrada. Jose maria

 

O meu motivo e que e a lingua ca que me sinto mais identificado a que me corresponde falar e sinto vergoña cando hay uns meses fun a unha entrevista de traballo a Citroen de vigo e unha das preguntas que me fan e porque falo galego,quedei de pedra ante esa pregunta,vivin 5 anos en Cataluña e fixen moitas entrevistas de traballo e nadie me fixera nunca unha pregunta de ese tipo pareceme indignante que ainda poida haber xente que faga esas preguntas e mais sendo para unha entrevista de traballo,como dixen vivin 5 anos en Cataluña e penso que nos queda moito por aprender deles en ese aspecto empezando polas isntitucions pois calquera papel oficial ven escrito en catalan os nomes da tendas e os letreiros publicos e obrigatorio facelos en catalan eu o principio paseino mal con iso pero a base de non quedarme mais remedio aprendino e penso que aqui deberiase facer o mesmo,moitas gracias por todo e un saudo moi atento. Juancho

 

Porque non hai ningunha razón para non falalo, a non ser que alguén queira impoñer que o uses; entón habería unha boa razón para non falalo: a dignidade persoal e o amor á liberdade. E nunca falalo facendo sentir a os teus interlocutores a obriga de que eles tamén o fagan. Normalidade na sociedade, non normalización da sociedade. Ulises

 

Sendo galego o normal é que me exprese en galego. Amorodo

 

Porque entre galegos non temos lingua mellor, para algo é a nosa. Colazo

 

Porque me peta, quero e podo. Trutxo64

 

É a miña lingua, a míña historia, a lingua máis fermosa...

 

Sentirme galego e falar a miña lingua en liberdade... ese é o mellor motivo que teño para estar en contra de calquera IMPOSICIÓN LINGÜÍSTICA por Decreto!

Para min cando unha lingua e unha cultura son obrigatorias deixan de ter o esencial que todo ser humano precisa para acollelas coma propias: A LIBERDADE!

Nazón de Breogán... volo imaxinades cumprindo Decretos? Erasmo

 

Porque me obrigan. giacomo

 

Gostaríame falar en galego nas miñas clases de filosofía, pero non podo aceptar que se me IMPOÑA POR DECRETO. Unha lingua non se impón, fálase ou non se fala pero a decisión de facelo debe respectar a LIBERDADE INDIVIDUAL do falante (sobre todo cando estamos a falar de dúas linguas cooficiais).

Vexo que a través dos CELGA tería a Consellería unha oportunidade de ouro de potenciar o emprego do galego no ensino más alá de calquera miope IMPOSICIÓN ADMINITRATIVA.

Os profesores que soliciten libremente a adquisición dos CELGA (supoño que sería o nivel 4) e superen a avaliación deste nivel (poderían impartir aulas en galego coa necesaria competencia lingüística para non destrozar unha lingua que xa está bastante machacada por centos de motivos que no é aquí o lugar de expoñer).

Estes profesores/as deberían cobrar un Complemento Específico por difundir a lingua galega do mesmo xeito cas Editoriais e as Produtoras Audivisuais son subvencionadas por realizaren os mesmos fins de difusión e normalización lingüísticas.

Unha lingua non se impón por Decreto.
Unha lingua non se fala para ferir os ouvidos dos oíntes.
O Complemento Específico Galego (CELGA) respectaría a Liberdade Lingüística Individual. Erasmo. Amante da súa Lingua e da Liberdade.

 

O meu motivo: Comecei a falar galego cando tiven unha filla. Ó principio faláballe galego porque quería poñer algo da miña parte para que non se perdese a nosa lingua. Agora fálollo e fáloo porque descubrín que é unha lingua marabillosa e pode ser veículo de expresión non só dos sentimentos, senon a calquer outro nivel. Porque cantas mais linguas unha persoa fale, mais se enriquece. Porque os idiomas non teñen nada que ver coa política nin con intereses alleos á cultura. Porque o galego pode expresar ideas e sensacións que non expresan tan ben outras linguas. Porque me sinto afortunada de ser bilingüe e non quero renunciar a iso. Ana

  

Porque son galega. Arale 

 

Falo galego por respecto aos meus pais. Por respecto a min mesmo e porque creo na universalidade das linguas; por esa mesma razón, falo castelán e inglés.
E xa para rematar, coincido con Celso Emilio Ferreiro sobre os motivos "acientíficos" para me expresar en lingua galega: "Eu falo galego porque si...porque me peta". Fuco Paz Souto

 

Porque me peta.

 

Porque é a lingua dos meus avós e a do meu fillo. Que máis quero?

 

Gústame falar co que me sinto cómoda, co que falei sempre na miña casa. Lore.

 

Porque me dá a gana.

 

 

galego, lingua galega, idioma galego, gallego, lengua gallega, idioma gallego

Imaxe na que se ve unha man collendo unha arroba e que convida aos visitantes da web a participar dando a súa opinión

logotipo da Xunta de Galicia\
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia.
Información administrativa e atención ao cidadán  | Suxestións e queixas  | Aviso legal  | Atendémolo/a