Secretaría Xeral de Política Lingüística

Está vostede en Inicio

Novas pelis en galego

Doraemon e o Reino de Kibu

Doraemon e o reino de Kibo

As aventuras de Doraemon tínguense de verde na súa nova película en DVD, nunha historia chea de criaturas fantásticas en defensa da ecoloxía e do medio.

Durante unha excursión ao monte, Nobita centra a súa atención nunha árbore abandonada nun vertedoiro, que acaba cobrando vida e converténdose nunha divertida criatura vexetal do máis hiperactiva á que bautizan como Kibo! Coa súa axuda deciden limpar o outeiro próximo de todo o lixo que se foi acumulando aí nos últimos tempos. No bosque, onde antano había árbores agora só hai buratos. As cidades están a gañar terreo e nas antigas zonas forestais agora constrúense edificios. Chegou a hora de tomar medidas contra a deterioración do medio.

Shin Chan, tres minutos para salvar o mundo

Shin Chan, tres minutos para salvar o mundo

Dende finais de outubro xa está dispoñible o último título en galego de Shin Chan, a serie de animación infantil que protagoniza o rebuldeiro Shinnosuke. Os nenos e nenas galegos poden gozar dunha nova aventura da familia Nohara en galego, lingua na que se popularizou esta exitosa serie infantil na comunidade.

Neste novo título, o pequeno fervellasverzas terá que enfrontarse a numerosos monstros que intentarán ameazar o equilibrio do planeta. O ataque destes monstros espertará a sede de xustiza de Shinnosuke e a súa familia, que intentarán devolver o mundo á normalidade. Para conseguir superar a proba con éxito, Shin Chan, acompañado polos seus amigos, emulará os seus heroes preferidos: o Porquiño Pirata, Ultraheroe e mais Súper-Robot.

Filmes en galego

A oferta de filmes en lingua galega pode consultarse na web en www.xunta.es/linguagalega/cine_en_galego  


Destacados anteriores

Xeración E logo!

 

Vivir en galego na familia

canta cos axoúxeres

celebra o teu aniversario

felicitacions

receitas de verán para nenos

agasallos para os pequenos

logotipo da Xunta de Galicia\
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia.
Información administrativa e atención ao cidadán  | Suxestións e queixas  | Aviso legal  | Atendémolo/a