Secretaría Xeral de Política Lingüística

Está vostede en Inicio

Este ano, tamén, O galego campa!

 

Este ano, tamén, O galego campa! 

A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Xuventude organizan o curso O galego campa: ferramentas e propostas para a dinamización da lingua galega na mocidade, dirixido ao monitorado que traballa nos campamentos xuvenís de verán e, en xeral, a todas as persoas novas interesadas.

Esta formación insírese dentro do programa de dinamización lingüística O galego campa! destinado aos campamentos de verán. O obxectivo deste programa é favorecer o desenvolvemento da actividade en galego no contexto dos campamentos de verán da Xunta de Galicia e mais de facilitarlles recursos aos monitores e monitoras para a realización de actividades que animen os rapaces e rapazas a se expresaren nesta lingua.

O galego campa: ferramentas e propostas para a dinamización da lingua galega na mocidade

Número de prazas: 25
Días: sábado 31 de marzo e domingo 1 de abril de 2012
Horario: dende o sábado ás 10.30 h ata o domingo ás 13.30 h
Lugar de impartición: Albergue xuvenil de Gandarío, Bergondo, A Coruña

Formulario de inscrición no curso O galego campa!

Información sobre o Plan de formación no eido do tempo libre da Dirección Xeral de Xuventude

Contidos

1. Introdución

  • A importancia da acollida 
  • O monitor é líder
  • Os valores educativos nos campamentos
  • Coidado da linguaxe
  • Decálogo de boas prácticas

 

2. Dinámicas e rutinas habituais nos campamentos 

  • As rutinas: rutinas especiais, organizativas e lúdicas 
  • Humanizamos o espazo: a cartelería, as tendas, os espazos de expresión...
  • Cantigas para os distintos momentos do día
  • A música do campamento
  • Xogos convencionais (de presentación, de deshinibición, cooperativos)
  • As veladas e as festas de fin de campamento

3. Propostas lúdicas para traballar coas palabras

  • Ideas para obradoiros e actividades arredor da lingua
  • Materiais e recursos dispoñibles en galego para o lecer e a mocidade

4. O galego campa

  • O disco O desaparafusador de gominola
  • Proposta de actividades ao redor das cancións do disco

5 O traballo lingüístico nas actividades deportivas

  • Proposta de actividades
  • Recursos de interese

O curso é gratuíto e inclúe aloxamento e manutención. As persoas asistentes só precisan levar un saco de durmir, útiles de aseo persoal e toalla.

Materiais O galego campa! 2011


 

 

Destacados anteriores

logotipo da Xunta de Galicia\
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia.
Información administrativa e atención ao cidadán  | Suxestións e queixas  | Aviso legal  | Atendémolo/a