O artigo 5 do Estatuto de Autonomía de Galicia establece o carácter cooficial do galego no territorio da comunidade autónoma. A Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, dispón no seu artigo 4 que o galego, como lingua propia de Galicia, é lingua oficial das institucións da comunidade autónoma, da súa Administración, da Administración local e das entidades públicas dependentes da comunidade autónoma.
A lexislación actual esixe o coñecemento das linguas cooficiais do Estado na respectiva comunidade autónoma por parte do funcionariado. O artigo 33 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, esixe nas probas selectivas que se realicen para o acceso a prazas da Administración autonómica o coñecemento do galego.
- Manual básico de documentación administrativa. Modelos de documentos administrativos. Xunta de Galicia. 2006.
- Curso de linguaxe administrativa. Xunta de Galicia. 2007
- Catálogo de publicacións en galego da Escola Galega de Administración Pública
- Recursos da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp)
- Formularios procesuais en lingua galega
- Vocabulario xurídico-administrativo galego-castelán. Publicado na web da Universidade de Vigo. 2005.
- Dicionario de termos de seguro en www.avogacia.org
- Fraseoloxía xurídico-administrativa. Glosario galego-alemán-inglés-castelán. Universidade de Vigo.
- Declaración sobre a lingua galega na Administración de xustiza. Colectivo de maxistrados, xuíces, fiscais e secretarios xudiciais. Maio 2005.




