O galego, en Galicia, axuda a vender. Así o conclúe o estudo elaborado polo Consello da Cultura Galega que analiza o mercado e a recepción da publicidade e que dá conta do clima favorable entre a poboación para acoller os produtos etiquetados e publicitados en galego. A relación das empresas cos clientes de Galicia en galego é hoxe un elemento básico para a transmisión de proximidade e mesmo como estratexia de imaxe positiva.
Para conseguir a plena normalización da lingua no sociedade, o sector económico é un dos piares sociais máis importantes, xa que na súa variedade pode asentar a idea de que o galego é lingua de todos os sectores sociais, independentemente das diferenzas ideolóxicas e culturais. Na actualidade, o ámbito da industria e do comercio é un dos sectores sociais nos que se fai máis evidente a convivencia lingüística entre as dúas linguas oficiais, o galego e o castelán. O galego é habitualmente lingua inicial dos procesos industriais, pero adoita substituírse polo castelán no establecemento das relacións formais con outras empresas e co cliente. En xeral, a adaptación do mundo socioeconómico á oficialidade do galego é aínda insuficiente. Pero os profesionais das empresas valoran cada vez máis a utilidade do coñecemento do galego no sector.
Multilingüismo nos webs de empresa. Confederación de Empresarios de Galicia.
Bygalicia. O portal da internacionalización das empresas de Galicia.
Galeguizar Galicia. Foro Enrique Peinador.
Fundación Galicia Empresa. Fundación para a vertebración e divulgación da empresa galega.
Carmerlingua. Iniciativa da Cámara de Comercio de Ferrol para promover e apoiar a comunicación en galego.
Galeteca. Para achegar o galego ao mundo das finanzas.
Manual de habilidades comunicativas en galego para o mundo laboral: Manual do alumno / Manual do titor.






