Secretaría Xeral de Política Lingüística

O galego nos medios de comunicación

medios de comunicacion en GaliciaGalicia conta cunha televisión e cunha canle de radio públicas que empregan, as vinte e catro horas do día, o galego nas súas emisións. Ambas as dúas poden seguirse ademais a través da internet ou vía satélite, aumentando públicos alén das fronteiras galegas.

Outras canles audiovisuais públicas e privadas empregan tamén o galego nas súas emisións, pero o certo é que representan unha oferta menor ao lado das que teñen o castelán como lingua vehicular. O mesmo acontece cos medios escritos: a cidadanía conta cunha ampla oferta de publicacións de temática diversa en galego, pero a maioría dos diarios están en castelán.

Ademais das dificultades de acceso á información diversificada en galego que isto supón, tal distribución contribúe a construír unha realidade lingüística falseada, na medida en que non se corresponde cos usos reais da sociedade.

 

Información de utilidade

www.vieiros.com

www.galicia-hoxe.com

www.xeracion.com

www.anosaterra.com

www.apeneira.com

www.osil.info

www.codigocero.com

ligazóns

 

Plan de normalización lingüistica. Medios de comunicación

CRTVG

colexio profesional de xornalistas de Galicia

diccionario galego de televisión

logotipo da Xunta de Galicia\
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia.
Información administrativa e atención ao cidadán  | Suxestións e queixas  | Aviso legal  | Atendémolo/a