Secretaría Xeral de Política Lingüística

Está vostede en Inicio

O mundo en galego

A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria bota a andar, en colaboración con OQO Editora, dentro do programa de dinamización lingüística Bocaberta a campaña "O mundo en galego", co obxectivo de que as rapazas e os rapaces coñezan a cultura, a historia e os costumes doutros lugares do planeta a través dos libros, e en galego.

Mediante obradoiros de lecto-escritura, lúdico-didácticos e de animación audiovisual brindaráselles ás alumnas e aos alumnos de infantil e primaria unha oportunidade única de descubriren países de todo o mundo, desde Galicia e en galego. Na experiencia que se desenvolverá de maio a decembro participarán un total de 15 concellos galegos: Rianxo, Soutomaior, Cuntis, Chantada, Melide, Muros, Sanxenxo, Ponteareas, Sarria, Lalín, O Barco de Valdeorras, Oleiros, Barbadás, Verín e Viveiro.

En cada un destes concellos, as cativas e os cativos converteranse en directores por un día para crearen mediante a técnica de stop-motion unha secuencia dunha curtametraxe de animación que logo se montará e se subirá á rede. Ademais disto, durante o tempo que dure a campaña, poderase acceder a todo o material producido polo alumnado que participe nos obradoiros, a través da páxina web www.omundoengalego.eu  

Os obradoiros realizaranse nas bibliotecas municipais, previa inscrición, nas seguintes datas:

  • Chantada: do 25 ao 31 de maio 
  • Melide: do 22 ao 28 de xuño
  • Muros: do 29 de xuño ao 7 de xullo
  • Sanxenxo: 6 ao 12 de xullo
  • Ponteareas: 13 ao 19 de xullo
  • Sarria: 20 ao 26 de xullo
  • Lalín: 27 de xullo ao 2 de agosto
  • O Barco de Valdeorras: do 23 ao 25 de setembro na biblioteca pública municipal (18.00 e 19.00 horas)
  • Rianxo: do 30 de setembro ao 2 de outubro na biblioteca pública municipal Castelao (17.30 e 19.00 horas)
  • Cuntis: do 11 ao 13 de novembro na biblioteca pública municipal Roberto Blanco Torres (18.00 e 19.00 horas)
  • Oleiros: do 16 ao 18 de novembro na biblioteca municpal Rialeda (18.30 e 19.30 horas)
  • Barbadás: do 25 ao 27 de novembro na biblioteca pública (18.00 e 19.00 horas)
  • Verín: do 2 ao 4 de decembro na biblioteca pública municipal (18.00 e 19.00 horas)
  • Soutomaior: do 9 ao 11 de decembro na biblioteca pública municipal (17.00 e 18.15 horas)
  • Viveiro: do 16 ao 18 decembro na biblioteca pública municipal (18.00 e 19.00 horas)

 

Máis actividades de Bocaberta

logotipo da Xunta de Galicia\
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia.
Información administrativa e atención ao cidadán  | Suxestións e queixas  | Aviso legal  | Atendémolo/a