Secretaría Xeral de Política Lingüística

Está vostede en Inicio

Obxectivos do Plan xeral neste sector

O Plan xeral de normalización da lingua galega establece o avance nas novas tecnoloxías como unha das prioridades da actuación institucional nos distintos sectores da sociedade. Lograr unha oferta ampla e competitiva de produtos e recursos informáticos en galego, potenciar a presenza desta lingua en Internet e promover a investigación da tradución automática, o recoñecemento e a síntese de voz, así como outras técnicas que faciliten a opción positiva no mercado da información da comunicación e que aseguren a libre circulación do galego nos sistemas avanzados da sociedade actual son os obxectivos prioritarios.

logotipo da Xunta de Galicia\
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia.
Información administrativa e atención ao cidadán  | Suxestións e queixas  | Aviso legal  | Atendémolo/a