Non existe correpondencia entre os certificados de iniciación e perfeccionamento e os actuais Celga.
Para obter un nivel Celga cómpre superar o exame correspondente.
A efectos da Función Pública galega, nas súas convocatorias de probas de acceso, contratacións laborais e concursos de traslado, o certificado de iniciación, de galego oral e mais o de perfeccionamento van manter a súa validez administrativa, ao pé dos novos Celga.
