O proxecto didáctico “Os dereitos do neno e da nena!”, organizado por Baía Edicións en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística realizaranse durante un prazo de tres meses, de outubro a decembro, un mes en cada cidade e centro comercial; nun horario de séis a oito horas, nos centros comerciais El Puerto Centro de Ocio de A Coruña, Ponte Vella de Ourense e As Termas de Lugo.
Esta campaña pretende achegar e promover o emprego do galego entre os máis pequenos a través dun programa de contacontos e obradoiros baseados na colección de libros infantil Os dereitos do neno e da nena, de Baía Edicións escrita por Teresa Sabaté e ilustrada por Carme Solá, colección de carácter didáctico dirixida a rapaces de máis de catro anos que relata diversas aventuras que lle suceden aos personaxes coas que se pretende que os máis pequenos se vexan identificados, conseguindo a través das ilustracións espertar o seu interese pola lectura en lingua galega, ademáis de promover nos nenos e nenas actitudes que faciliten a creación de situacións xustas no seu contorno e trasladarlles outros valores de vital importancia para o seu futuro como o compañeirismo, a xustiza, a igualdade entre mulleres e homes..., sendo único material similar existente en lingua galega.
Cunha duración que rondará as dúas horas, a actividade comezará cun contacontos, que narrará aos rapaces o capítulo no que se centre esa fin de semana a campaña e que, será entretido para os pequenos empregando teatriños e figuras, acadando unha boa interacción entre monitores e asistentes.
A continuación faranse os obradoiros con actividades sinxelas e ao tempo creativas, que fomenten a interrelación entre os pequenos asistentes a través de simulacións e outras accións relacionadas . Os pequenos poderán facer con materiais de refugallo monicreques, aprenderán a elaborar unha felicitación, un libro ou receitas de cociña entre outras moitas actividades.
Ao final das sesións de “Os dereitos do neno e da nena!”, os monitores farán entrega do libro que corresponda a ese día, repartindo un exemplar a todos os rapaces participantes nas sesións.
A continuación presentamos o calendario coas accións previstas que comprenderán esta campaña e que desenvolveránse durante os meses de outubro, novembro e decembro do 2009 nos centro comerciais El Puerto Centro de Ocio, Ponte Vella e As Termas:
EL PUERTO CENTRO DE OCIO (A CORUÑA)
- Sábado 3 de Outubro, ás 18.30 horas: Chámome Asetu
- Domingo 4 de outubro, ás 18.30 horas: A caixa máxica
- Sábado 10 de outubro, ás 18.30 horas: O neno sen Nome
- Domingo 11 de outubro, ás 18 horas: O sorriso de Tomás
- Sábado 17 de outubro, ás 18.30 horas: Ti tamén Inés
- Domingo 18 de outubro, ás 18.30 horas: Un accidente
- Sábado 24 de outubro, ás 18.30 horas: A andoriña viaxeira
- Domingo 25 de outubro, ás 18.30 horas: Nin laranxa nin lila
PONTE VELLA (OURENSE)
- Venres 30 de outubro, ás 18 horas: Chamome Asetu
- Sábado 31 de outubro, ás 18 horas: A Caixa máxica
- Venres 6 de novembro, ás 18 horas: O neno sen nome
- Sábado 7 de novembro, ás 18 horas: Boas noites
- Venres 13 de novembro, ás 18 horas: O sorriso de Tomás
- Sábado 14 de novembro, ás 18 horas: Ti Tamén Inés
- Venres 20 de novembro, ás 18 horas:O s xemelgos do Outeiro
- Sábado 21 de novembro, ás 18 horas: Un accidente
- Venres 27 de novembro, ás 18 horas : A andoriña viaxeira
- Sábado 28 de novembro, ás 18 horas : Nin lranxa nin lila
CENTRO COMERCIAL DOLCE VITA ODEÓN (FERROL)
- Venres 4 de decembro, ás 18 horas: Chamome Asetu.
- Sábado 5 de decembro, ás 18 horas: A caixa máxica.
- Venres 11 de decembro, ás 18 horas: O neno sen nome
- Sábado 12 de decembros, ás 18 horas: Boas noites
- Venres 18 de decembro, ás 18 horas: O sorriso de Tomás
- Sábado 19 de decembro, ás 18 horas: Os xemelgos do Outeiro
- Sábado 26 de decembro, ás 18 horas: A andoriña viaxeira
- Domingo 27 de decembro, ás 18 horas: Nin laranxa nin lila
