Resolución conxunta do 24 de xuño de 2011, da Secretaría Xeral da Emigración e da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncian, con carácter gratuíto, cursos preparatorios de lingua galega, para os niveis Celga e de extensión cultural, para galegos residentes no exterior e persoas interesadas no idioma e na cultura de Galicia.
O Espazo das Linguas Ibéricas -froito do convenio entre a Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Fundación General da Universidad de Alcalá de Henares e o Instituto Cervantes- organiza cursos de lingua galega.
Sede dos cursos do Espazo das Linguas Ibéricas: Instituto Homeopático y Hospital San José, R/ Eloy Gonzalo, 3-5, Madrid
Nos centros galegos que existen nos diferentes países nos que está asentada unha comunidade de persoas procedentes de Galicia ofrécense cursos de lingua e cultura galegas.
Relación de cursos no exterior 2007
Os centros do Instituto Cervantes nos diferentes continentes ofertan a posibilidade de estudar galego, cando existe unha demanda.
Na Escola Oficial de Idiomas de Ponferrada pódense cursar estudos de galego.
As posibilidades de aprendizaxe da lingua galega en Barcelona son amplas. Na Universitat de Barcelona (UB) pódese cursar o itinerario de galego detro do Grao de Linguas e Literaturas Modernas.
Nos centros de ensino secundario de Cataluña existe tamén a posibilidade de cursar galego como segunda lingua moderna.
Desde hai quince anos, o Centro galego de Barcelona imparte tamén cursos de galego para adultos. Na actualidade, ofrece cursos de cultura galega.
Outras ligazóns
Foro Cívico Galego de Barcelona: http://www.forocivicogalegobcn.org
Pódese estudar galego na Escola Oficial de Idiomas de Madrid
