Secretaría Xeral de Política Lingüística

Está vostede en Inicio

Palabras no ar

En colaboración con Kalandraka Editora, dentro do programa de dinamización Bocaberta, lánzase a campaña "Palabras no ar", que consiste na realización dos seguintes obradoiros:

1. Presentación para educadores: explicación da campaña dirixida aos educadores dos nenos participantes nos obradoiros.

2. Sesións de contacontos con música.

3. Obradoiros de oralidade: desenvolvemento de estratexias lúdicas e creativas para fomentar o uso do galego como vehículo de comunicación.

4. Obradoiro de escrita creativa.

5. Emisións radiofónicas.

6. Creación dun espazo web.

Os obradoiros realizaranse nas nas seguintes datas e localidades:

  • Allariz: actividades do 21 ao 25 de setembro de setembro na biblioteca municipal
  • San Cibrao das Viñas/Taboadela/Paderne: actividades o día 28 de setembro ás 10.00 horas no EEI Santa Cruz
  • Baños de Molgas: actividades o día 28 de setembro ás 12.00 horas no CEIP Baños de Molgas
  • Allariz: do 29 de setembro ao 2 de outubro na biblioteca municipal
  • Sandiás: 1 de outubro ás 13.00 horas no CEIP Sandiás
  • A Merca: 2 de outubro ás 12.30 horas no CEIP A Merca
  • Ames: do 5 ao 9 de outubro e do 13 ao 16 de outubro no Pazo da Peregrina
  • A Estrada: actividades do 19 ao 30 de outubro, e do 25 ao 31 de outubro 
  • Redondela: actividades do 2 ao 13 de novembro
  • Culleredo: actividades do 16 ao 27 de novembro no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo
  • Cambados: actividades do 30 de novembro ao 15 de decembro 

 

Máis actividades de Bocaberta

logotipo da Xunta de Galicia\
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia.
Información administrativa e atención ao cidadán  | Suxestións e queixas  | Aviso legal  | Atendémolo/a