Secretaría Xeral de Política Lingüística

Está vostede en Inicio

Participa! Carteis Letras Galegas 2012

Despois das numerosas homenaxes que se lle renderon durante o 2011 ao escritor Lois Pereiro con motivo do Día das Letras Galegas, a Secretaría Xeral de Política Lingüística quere animar, un ano máis, os centros educativos a que participen na celebración desta data. Para isto, ten en marcha un concurso no que propón a elaboración dunha exposición arredor da obra, da vida e da época do autor homenaxeado en 2012, Valentín Paz Andrade.

A exposición que presente cada centro deberá estar conformada por un total de 10 carteis de 70x50 centímetros. Para cada un deles, elaboraranse unha serie de actividades para guiar a súa observación e fomentar o labor de investigación do alumnado, que se xuntarán á exposición en forma de guía ou cuestionario.

O concurso conta con dúas categorías: nunha delas poden participar os centros de educación infantil e primaria, e a outra está dirixida aos centros de educación secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional específica. Os centros educativos nos que se imparta educación infantil, primaria e secundaria poderán concursar nas dúas categorías.

Os grupos de traballo que elaboren as exposicións gañadoras recibirán cadanseu premio en metálico por importe de 3.000 euros. Ademais, a mellor exposición de cada unha das categorías será imprimida e distribuída en máis de 1.600 puntos de Galicia e do exterior, tales como centros de ensino, centros de estudos galegos, centros da emigración, bibliotecas municipais e casas da cultura, entre outros.

Prazo: todos os centros que estean interesados en participar poderán facelo ata o 16 de xaneiro de 2012, día en que remata o prazo para a admisión dos traballos.

Consulta as bases do concurso

O traballo dos centros. Exposicións premiadas nos últimos anos

    


 Destacados anteriores

logotipo da Xunta de Galicia\
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia.
Información administrativa e atención ao cidadán  | Suxestións e queixas  | Aviso legal  | Atendémolo/a