Secretaría Xeral de Política Lingüística

Podo cambiar o meu nome pola correspondente forma galega?

 

Naturalmente que se pode traducir o nome propio ao galego e facelo constar nos documentos oficiais. É unha posibilidade regulada por lei. O trámite para a galeguización do nome no Rexistro Civil é moi sinxelo, é gratuíto, non precisa a intervención dun avogado nin dun procurador e, en xeral, tampouco é necesario achegar documento ningún sobre a forma galega. Así e todo, hai casos que poden presentar dúbidas no rexistro e presentar un informe que acredite esa forma galega pode axilizar o trámite. A área de asesoramento lingüístico da Secretaría Xeral de Política Lingüística realiza este servizo gratuitamente a quen o solicita.

Non existen axudas económicas para as inscricións de nomes de persoas nin de empresas en galego.

logotipo da Xunta de Galicia\
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia.
Información administrativa e atención ao cidadán  | Suxestións e queixas  | Aviso legal  | Atendémolo/a