Cun trámite sinxelo é posible corrixir nos documentos legais as formas castelanizadas dos apelidos familiares. A Lei 40/1999, do 5 de novembro, introduce a posibilidade de regularizar ortograficamente nomes e apelidos cando a forma inscrita no Rexistro Civil non se axeite á gramática e á fonética da lingua correspondente.
