Se quere presentarse a unha oposición á Administración galega e xa ten un certificado de iniciación ou de perfeccionamento de galego, non ten que facer un exame para conseguir un CELGA. Pode acreditar o seu nivel de coñecemento de galego co certificado anterior (iniciación, oral e perfeccionamento ou validacións correspondentes) sempre e cando o certificado que presente sexa o esixido para o posto ao que quere optar, segundo se indique na convocatoria (sexa de concurso, de oposición ou de contratación laboral).
