Secretaría Xeral de Política Lingüística

Está vostede en Inicio

Premios anteriores

2010

IV Premio Narrativa Breve Repsol

A Fundación Repsol, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, no desexo de contribuír ao desenvolvemento da literatura e da lingua galega, convoca a cuarta edición do Premio de Narrativa Breve Repsol.

As obras téñense que enviar antes do 21 de xullo ao enderezo postal Complexo Industrial Repsol Apartado 700 15.080, A Coruña.

Establécese un único premio dotado con 9.000 euros.
Bases do premio

 

Concurso - exposición Letras Galegas 2010

Resolución do concurso convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, con motivo do Día das Letras Galegas, para a elaboración dunha exposición sobre Uxío Novoneyra e dun caderno didáctico que guíe a observación dos carteis e fomente o labor de investigación do alumnado sobre a obra, época, lingua e etapa sociolingüística do autor homenaxeado.

Exposición gañadora. Educación infantil e primaria:
CEIP Santo Estevo de Parga, Guitiriz (Lugo). Courel

Exposición gañadora. Educación secundaria:
CPI Virxe dos Remedios, Castro Caldelas (Ourense). Uxío Courel, Courel Uxío

Outros traballos presentados. Educación infantil e primaria:
CEIP Forte Bragade, Cesuras (A Coruña).Uxío Novoneyra e a súa época
CEIP Virxe do Rocío, Vigo (Pontevedra). Faluchos
CEIP de Andrade, Pontedeume (A Coruña). Uxío Novoneyra, o bardo do Courel
CEIP Otero Pedrayo, Vigo (Pontevedra). Don sapoconcho
CEIP Santa Mariña, Vigo (Pontevedra). Vinte e cinco e compañía
CEIP de Casaio, Carballeda de Valdeorras (Ourense). Teixo
CEIP Francisco Vales Villamarín, Betanzos (A Coruña). Da man de Uxío
CRA A Picaraña, Ponteareas (Pontevedra). As inquedanzas de Uxío Novoneyra
CRA Mestra Clara Torres, Tui (Pontevedra).Coñecendo e recreando a Uxío Novoneyra
CEIP de Abelendo, Moaña (Pontevedra). Aloumiños gráficos
CEIP de Rubiáns, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra). As ameixas da ría

Outros traballos presentados. Educación secundaria:
IES A Sangriña, A Guarda (Pontevedra). Novoneyra, druída e bardo
IES Rosalía de Castro, Santiago de Compostela (A Coruña). Uxío Novoneyra, o poeta do Courel
CPI de Panxón, Nigrán (Pontevedra). A flora do Courel na poesía de Uxío Novoneyra
IES Fogar Provincial Príncipe Felipe (Pontevedra). Os Linguas
IES Fernando Wirtz Suárez (A Coruña). Chove pra que eu soñe
IES de Poio, Poio (Pontevedra). Gravadoras das augas
Colexio Eduardo Pondal, Cangas do Morrazo (Pontevedra). Con X de Uxío

Bases do concurso

NOTA: nos vindeiros días estará dispoñible a mostra dos traballos participantes.

 

IV Premio Rosalía de Castro para Experiencias Pedagóxicas

A Fundación Rosalía de Castro, para conmemorar os 25 anos do Premio Rosalía de Castro para Mestres e Pedagogos, creou o Premio Rosaría de Castro para Experiencias Pedagóxicas, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Prazo de presentación: ata o 31 de maio de 2010.

Bases e convocatoria 

 

2009

Resolución dos premios á innovación en normalización lingüística nos centros escolares


Convocatoria da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se aproban as bases e se convocan premios e proxectos de innovación en normalización lingüística de centros de titularidade da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para desenvolver no curso académico 2009-10.

 

A elevada participación e a calidade dos traballos presentados, levou á comisión avaliadora a ampliar o número de premios coa concesión de catro accésits:

Proxectos que reciben accésit:

Relación dos centros que presentaron proxectos para os Premios á innovación en normalización lingüística. Descarga algúns deles:

Bases e convocatoria

Correción de erros da convocatoria.

Anexo

Descarga os premios de innovación e normalización lingüística de anos anteriores

Descarga presentación sobre "Planes de Entorno"

   

Fallo I Certame de Cinema OUFF Escola 2009

A SXPL transmite os parabéns aos centros educativos gañadores nas diferentes categorías do certame OUFF Escola, nacido, entre outros obxectivos, co de impulsar o idioma galego entre a mocidade e crear un espazo de referencia para a mostra do audiovisual galego feito nas aulas.

Asemade, fai extensiva a felicitación ao profesorado responsable e aos centos de alumnos e alumnas de toda Galicia que presentaron a concurso os seus proxectos audiovisuais, por achegaren e compartiren o compromiso de dinamización lingüística xerado dende os ENDL nun ámbito tan motivador e próximo á mocidade.

Fallo do certame

Bases do certame

Premios á innovación en normalización lingüística nos centros escolares

Convocatoria da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se aproban as bases e se convocan premios e proxectos de innovación en normalización lingüística de centros de titularidade da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para desenvolver no curso académico 2009-10.

Prazo de presentación: ata o 10 de outubro de 2009.

Premios: haberá sete premios cada un dos cales contará cunha dotación económica de 3.000 euros, formación e asesoramento para o profesorado do centro e a difusión das experiencias a través da rede.

Bases e convocatoria 

 

Lingua de Amor 2009

3ª edición de Lingua de Amor, o concurso de cancións e declaracións de amor en galego. Organizado polo Consello da Xuventude en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Prazo: o prazo para enviar mensaxes e cancións permanecerá aberto ata o 10 de maio de 2009 e para as votacións será do 11 ao 17 de maio. Para participar só hai que rexistrarse na páxina web www.linguadeamor.eu

Premios declaracións de amor en galego a través da rede:

  • Categoría A (de 14 a 19 anos): 1.º Un ordenador portátil. 2.º Unha videoconsola PlayStation3. 3.º Un Ipod
  • Categoría B (de 20 a 35 anos): 1.º Un ordenador portátil + unha cea para dúas persoas. 2.º Unha videoconsola PlayStation3 + unha cea para dúas persoas. 3.º Un Ipod + unha cea para dúas persoas

Ademais, todos eles recibirán un lote de libros en galego

Premios cancións de amor en lingua galega:

  • 1.º Un ordenador portátil + unha fin de semana nunha casa de turismo rural
  • 2.º Unha videoconsola PlayStation3 + unha fin de semana nunha casa de turismo rural
  • 3.º Un Ipod + unha fin de semana nunha casa de turismo rural   

 

 Concurso Ferve a Rede 2009

Vieiros, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca o concurso Ferve a Rede 2009, un concurso de microrrelatos eróticos en galego. Para participar hai que estar rexistrado como usuario de Vieiros e cada participante pode enviar un máximo de tres textos, cun máximo de 690 caracteres cada un, incluídos os espazos en branco.

Prazo: ata o venres 24 de abril. O gañador anunciarase o 4 de maio.

O premio, unha viaxe de tres noites a Bruxas para dúas persoas. Ademais, sortearase unha fin de semana romántica na Casa da Calçada de Amarante (Portugal).

Web do concurso Ferve a Rede

Gañador 2009: Carlos Negro, co relato "Un quilo de plátanos"

 

Fallo I Certame de Cinema OUFF Escola 2009

A SXPL transmite os parabéns aos centros educativos gañadores nas diferentes categorías do certame OUFF Escola, nacido, entre outros obxectivos, co de impulsar o idioma galego entre a mocidade e crear un espazo de referencia para a mostra do audiovisual galego feito nas aulas.

Asemade, fai extensiva a felicitación ao profesorado responsable e aos centos de alumnos e alumnas de toda Galicia que presentaron a concurso os seus proxectos audiovisuais, por achegaren e compartiren o compromiso de dinamización lingüística xerado dende os ENDL nun ámbito tan motivador e próximo á mocidade.

Fallo do certame

Bases do certame

Certame literario "Galicia en Euskadi"

O Centro de Estudos Galegos na Universidade do País Vasco, froito dun convenio de colaboración entre esta Universidade e a Xunta de Galicia, a través da súa Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca o Certame literario “Galicia en Euskadi”.

Prazo de presentación: os orixinais serán presentados por duplicado antes do 8 de maio de 2009 ou enviados por correo certificado ao Centro de Estudos Galegos, Facultade de Letras (Paseo de la Universidad, 5, 01006 Vitoria-Gasteiz), especificando "Certame Galicia en Euskadi".

Bases

En galego, tes todo por vivir. Tócache!

Enfoca o galego: para participar na segunda edición deste concurso só hai que facer unha fotografía dunha palabra ou dunha frase en galego, que chame a atención por ser enxeñosa, creativa ou divertida, e que se atope nun lugar público. Tan só é necesario ter cumpridos os 18 anos. O seguinte paso é subir a imaxe á web achegando tamén unha serie de datos sobre a autoría da mesma. O tamaño das fotografías non deberá exceder de 800x600 píxeles e deberá ter un máximo de 400 Kb. O gañador ou gañadora do concurso terá como premio unha cámara Canon EOS 450 D.

Palabras con gancho: trátase dun xogo que consiste en que as persoas interesadas soliciten unha palabra, que se lle enviará fisicamente á súa casa, co compromiso de que deixarán constancia mediante fotos, vídeos ou outras ferramentas de que a incorporaron a todas as tarefas da súa vida cotiá. O prazo tamén remata o 15 de marzo e o nome do gañador ou gañadora darase a coñecer en abril. O premio consiste nunha viaxe de fin de semana para dúas persoas a Berlín.

Anenotario: é un espazo participativo no que os pais, as nais ou calquera outro membro da familia pode remitir as anécdotas ou vivencias máis divertidas dos nenos. Trátase de compartir as palabras inventadas, as respostas sorprendentes, as preguntas máis inverosímiles ou calquera situación divertida na que os protagonistas sexan os máis pequenos da casa. Neste caso, as 20 “anénotas” máis enxeñosas recibirán outros tantos lotes de libros, música e películas infantís.

 

V Premio Rosalía de Castro para experiencias pedagóxicas


A Fundación Rosalía de Castro, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca a V Premio Rosalía de Castro para experiencias pedagóxicas. Nel poderán concorrer as unidades didácticas, desenvoltas en lingua galega, nos niveis obrigatorios do ensino durante o curso escolar 2008-09 que xiren arredor de Rosalía de Castro e da súa obra.

Primeiro premio: 3.000 euros e un lote de libros

Segundo premio: 1.500 euros e un lote de libros

Os traballas enviaranse por correo certificado antes do 25 de maio de 2009 á Fundación Rosalía de Castro, onde entregará o premio o 15 de xullo deste ano.

Bases do concurso

 

Premios á innovación en normalización lingüística nos centros escolares

Resolución conxunta do 7 de maio de 2008, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa e da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se aproban as bases e se convocan premios a proxectos de innovación en normalización lingüística de centros de titularidade da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para desenvolver no curso académico 2008-2009.

Resoltos os premios á innovación en normalización lingüística

  

Fallado o III Premio de narrativa breve Repsol 2008

"A verdade como mal menor", de Xosé Luís Martínez Pereiro, resulta galardoada co III Premio de narrativa breve Repsol YPF.  Sobre os 32 orixinais presentados, o xurado valorou desta obra "o estilo desenfadado co que están os 45 textos narrativos breves que compoñen o libro gañador e que na súa maioría se aproximan ao antiquísimo xénero da facecia”. Tamén destacou "a fina ironía que desprende do seu conxunto e o humor, ás veces corrosivo, propiciador de sorrisos cómplices”. O Premio de Narrativa Breve Repsol conta co apoio institucional da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

 

2007

CONCURSO – EXPOSICIÓN LETRAS GALEGAS 2008

A Secretaría Xeral de Política Lingüística, con motivo do Día das Letras Galegas, convoca un concurso para a elaboración dunha exposición sobre a obra, época e lingua do autor homenaxeado este ano, Xosé María Álvarez Blázquez, e/ou sobre a situación sociolingüística da etapa histórica en que este viviu.

Gañadores
 

Concurso de declaracións de amor por correo electrónico - maio 2008

Logo da 2ª Edición de Lingua de AmorO Consello da Xuventude de Galicia (CXG), coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pon en marcha a II Edición de Lingua de Amor, o concurso de declaracións de amor a través do correo electrónico.

Ademais dos premios principais, os 200 primeiros participantes recibirán un agasallo por cortesía da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Prazo: ata o 14 de maio de 2008.

Participa en www.linguadeamor.eu

CONCURSO - FERVE A REDE - marzo 2008

Logotipo do concurso Ferve a redeVieiros, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca Ferve a rede, un concurso de microrrelatos eróticos en galego. Para participar hai que estar rexistrado como usuario de Vieiros e cada participante pode enviar un máximo de tres textos, cun máximo de 550 caracteres cada un, incluídos os espazos en branco. O premio, unha viaxe de catro días a Venecia.

Presentáronse máis de 290 relatos, dos que saiu como gañador "Mírote", de Susana Folgueiras. O segundo premio, o dos lectores de Vieiros, foi parar a Susanamoo, co seu relato "A papuxa na caluga".

Máis información

 

Resolto o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2007

A obra PAISAXE E NACIÓN: A CREACIÓN DISCURSIVA DO TERRITORIO, da que é autora María López Sández, resultou gañadora do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2007, que organizan conxuntamente a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e Editorial Galaxia coa colaboración de Unión Fenosa.

O ensaio premiado nesta sétima edición do Premio Ramón Piñeiro, que está dotado con 6.000 euros e ha ser publicado por Editorial Galaxia o próximo ano, aborda o tema da paisaxe e a súa estreita relación coa cuestión identitaria, fundamental no caso da sociedade e da cultura galegas.

María López Sández, que é doutora en Teoría da Literatura e Literatura Comparada pola Universidade de Santiago de Compostela, fai unha proposta de análise que parte do imaxinario social do nacionalismo para se achegar á paisaxe como espazo, como ideoloxía e como fundamento da identidade nacional. A paisaxe na pintura, a dimensión espacial e xeográfica dos fenómenos literarios e a xerarquización do territorio analizada a través dos mapas leva á autora a realizar un exhaustivo balance das diferentes concepcións da idea de paisaxe para concluír na noción do espazo como creación.

O xurado, que concedeu o premio por maioría, estivo formado por Luís Alonso Girgado, Alexandre García-Caballero, Manuel González González, Dolores Vilavedra Fernández e Carlos Lema, e salientou a calidade dos oito orixinais presentados, así como a variedade de temas abordados neles.

 

Premios á innovación en normalización lingüística nos centros escolares

Resolución conxunta do 28 de maio de 2007, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa e da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se aproban as bases e se convocan premios a proxectos de innovación en normalización lingüística de centros de titularidade da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para desenvolver no curso académico 2007-2008.

Resolución conxunta do 1 de outubro de 2007, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa e da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se resolven os premios a proxectos de innovación en normalización lingüística para centros de titularidade da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para desenvolver no curso 2007-2008 convocados pola Resolución do 28 de maio de 2007.

 Proxectos premiados

 

Premios á creatividade

Enfoca o galego

Concurso de fotografía da campaña En galego tes todo por dicir.
Gañador: David Parrado


VII Premio de Ensaio Ramón Piñeiro

 
A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, a través do
Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, e Editorial Galaxia coa colaboración de Unión Fenosa, convocan o VII Premio de Ensaio Ramón Piñeiro.

Bases da convocatoria

Fin de recepción dos orixinais: 1 de decembro.

 

Fallado o II Premio de narrativa breve Repsol YPF

Unha obra de Anxos Sumai resulta galardoada co II Premio de narrativa breve Repsol YPF.

Así nacen as baleas, de Anxos Sumai, resultou elixida polo xurado como gañadora da edición 2007. A obra foi cualificada como unha "novela de memoria, moi ben escrita e perfeccionista." O Premio de narrativa breve Repsol YPF conta co apoio institucional da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

 

Premios á creatividade

  II Premio de narrativa breve Repsol YPF. Bases Fin do prazo de presentación de solicitudes: 16 de xullo de 2007.

Unha imaxe para o galego. Concurso de vídeos e fotografías para falar de lingua, en colaboración con Vieiros. Fin do prazo: 11 de xuño de 2007.

  

 Gañadores das convocatorias de Premios Letras Galegas nos centros de ensino 

 

Letras galegas 2007

Convocatoria Letras galegas 2007 para profesorado e alumnado. Premios para o profesorado que realice webquests e para o profesorado e o alumnado que elabore libros web colectivos sobre a autora homenaxeada no Día das Letras Galegas.

Concurso para a elaboración da Exposición Letras galegas 2007 

 

Resolución da Convocatoria da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se aproban as bases e se convocan premios a proxectos de innovación en normalización lingüística de centros de titularidade da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para desenvolver no curso académico 2009-2010.

Proxectos premiados:

logotipo da Xunta de Galicia\
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia.
Información administrativa e atención ao cidadán  | Suxestións e queixas  | Aviso legal  | Atendémolo/a