Xornada formativa en linguaxe xurídica para o profesorado colaborador
Data
Sábado 2 de outubro de 2010Lugar
Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo (rúa da Virxe da Cerca, 32, 15.706. Santiago de Compostela)Horario
De 09:00 a 19:30 horasPersoas destinatarias
A xornada está dirixida ao profesorado colaborador da Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) asignado para impartir cursos de linguaxe xurídica de nivel medio e superior na quenda de outubro. Os cursos, que comezan en outubro, levaranse a cabo en distintos lugares de Galicia.Obxectivos
1. Conseguir un modelo de linguaxe administrativa galega de calidade.
2. Unificar os criterios formais e de redacción da documentación xurídica.
3. Mostrar as posibilidades dos recursos que existen á disposición do profesorado e mais do alumnado e que lle permita a este traballar con autonomía lingüística.Programa
Sábado, 2 de outubro de 2010
Horario
Relatorio
Relator/a
9:00 h
Apertura e presentación da xornada
09:15 – 10:45 h
A calidade lingüística dos textos xurídicos
Anxos Sobriño Pérez
10:45 – 11:45 h
A avaliación continua. Unificación de criterios
Nancy Domínguez Conde
12:00 – 14:30 h
Estrutura e contidos dos documentos xurídicos
Maricarme García Ares
16:30 – 19:30 h
Corpus de textos xurídicos. Obradoiro práctico
Martín Ramos Insua
Curso de formación de profesores de galegoMatriculaciónA folla de inscrición está na seguinte ligazón.
DataDo 26 de xullo ao 4 de agosto de 2010 en Santiago de CompostelaInscriciónDo 6 ao 16 de xullo de 2010.Logo de recibida a folla de inscrición, a Oficina de Cursos Internacionais porase en contacto por correo electrónico cos e coas solicitantes para indicarlles se hai prazas libres e darlles as indicacións oportunas para formalizar a matrícula.Para formalizar a matrícula do curso é preciso presentar a seguinte documentación:
- Fotocopia do DNI ou pasaporte
- Título de licenciado/a
- Xustificante bancario do pagamento
- Xustificante do curso de Formación de profesorado de GalegoToda a documentación debe ser remitida á Oficina de Cursos Internacionais - USC por correo electrónico ou fax:Tfno.: 981 597 035 e fax: 981 597 036Persoa de contacto: Rosi Spínola
Enderezo electrónico: linguas@usc.esSó se considerarán matrículas válidas aquelas que reúnan toda a documentación requirida, incluído o pagamento. Será responsabilidade dos e das solicitantes confirmar coa Oficina de Cursos Internacionais a correcta recepción da documentación.
PROGRAMA DO CURSO
LUNS 26 MARTES 27 MÉRCORES 28 XOVES 29 VENRES 30 9.30-11.30 Presentación----------------------------Metodoloxía . O enfoque comunicativoLuis Martínez Antelo Ensino por tarefasLuisa González/Nuria Galán Gramática pedagóxicaManuel Fernández Didáctica do léxico:Xaime Varela SociolingüísticaValentina Formoso 11.30-12.00 PAUSA PAUSA PAUSA PAUSA 12.00-13.30 Metodoloxía. O enfoque comunicativoLuis Martínez Antelo Ensino por tarefasLuisa González/Nuria Galán Gramática pedagóxicaManuel Fernández Didáctica do léxico:Xaime Varela SociolingüísticaValentina Formoso
LUNS 2 MARTES 3 MÉRCORES 4 9.30-11.30 As destrezasProf. Pilar Buela As destrezasProf. Pilar Buela A avaliación de linguasProf. Noemí Villar 11:30-12.00 PAUSA PAUSA PAUSA 12.00-13.30 As destrezasProf. Pilar Buela As destrezasProf. Buela A avaliación de línguasProf. Noemí Villar
Xornadas de formación de avaliadores CelgaMatriculaciónA folla de inscrición está na seguinte ligazón.
Data5 e 6 de agosto de 2010 en Santiago de CompostelaInscriciónDo 13 ao 23 de xullo de 2010Logo de recibida a folla de inscrición, a Oficina de Cursos Internacionais porase en contacto por correo electrónico cos e coas solicitantes para indicarlles se hai prazas libres e darlles as indicacións oportunas para formalizar a matrícula.Para formalizar a matrícula das xornadas é preciso presentar a seguinte documentación:
- Fotocopia do DNI ou pasaporte
- Título de licenciado/a
- Xustificante bancario do pagamento
- Xustificante do curso de Formación de profesorado de Galego- Fotocopia do diploma do Curso de Formación de Profesores de Galego- Fotocopia do xustificante bancario do pagamento das taxas de inscrición, que inclúa o nome da persoa solicitanteToda a documentación debe ser remitida á Oficina de Cursos Internacionais - USC por correo electrónico ou fax:Tfno.: 981 597 035 e fax: 981 597 036Persoa de contacto: Rosi Spínola
Enderezo electrónico: linguas@usc.esSó se considerarán matrículas válidas aquelas que reúnan toda a documentación requirida, incluído o pagamento. Será responsabilidade dos e das solicitantes confirmar coa Oficina de Cursos Internacionais a correcta recepción da documentación.
Curso de actualización para o profesorado colaborador asignado á quenda de Linguaxe Administrativa Superior de setembroDatos da xornadaDías: sábado, 17 de xullo de 2010Lugar: Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo (rúa da Virxe da Cerca, 32, 15706. Santiago de Compostela)Horario: de 09:30 a 19:00 horasColectivo destinatario dos cursos: funcionariado da Administración autonómicaPersoas destinatarias: a xornada está dirixida ao profesorado colaborador da Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) asignado para impartir os cursos de Linguaxe administrativa de nivel superior dirixidos ao funcionariado da Administración autonómica, que van comezar o 5 de setembro e levaranse a cabo en distintos lugares de Galicia.Obxectivos:1. Conseguir un modelo de linguaxe administrativa galega de calidade2. Unificar os criterios formais e de redacción da documentación administrativa3. Mostrar as posibilidades dos recursos que existen á disposición do profesorado e mais do alumnado e que lle permita a este traballar con autonomía lingüísticaPrograma
Sábado, 17 de xullo de 2010 HORARIO RELATORIO RELATOR/A 9:30 horas Apertura e presentación da xornada 10:00 – 12:00 horas A calidade lingüística dos textos administrativos e xurídicos Xermán García Cancela 12:15 - 14:15 horas Estrutura e contidos dos documentos administrativos Susana Mayo Redondo 16:30 - 19:00 horas Corpus de textos administrativos do nivel superior. Obradoiro práctico Martín Ramos Insua
