Secretaría Xeral de Política Lingüística

Protocolo de colaboración en materia de política lingüística

 

Protocolo de colaboración entre o Goberno Vasco, a Generalitat de Catalunya, o Goberno Balear e a Xunta de Galicia en materia de política lingüística

A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, a Secretaría de Política Lingüística de Cataluña e a Viceconsellería de Política Lingüística do Goberno vasco  asinaron en 2007 un protocolo de colaboración para a defensa e o impulso das respectivas linguas no marco estatal e no ámbito da Unión Europea. Trátase do primeiro acordo de colaboración en materia de política lingüística subscrito entre os tres gobernos.

O protocolo nace co obxectivo de desenvolver e definir un marco de colaboración estable e permanente entre as tres administracións en materia de política lingüística, para intercambiar, contrastar experiencias e impulsar proxectos e actuacións en beneficio dunha maior igualdade social entre as linguas, sempre desde o máximo respecto ás políticas de cada goberno e ás súas especificidades. Desde o momento da súa sinatura, os tres departamentos de lingua estableceron calendarios de traballo e reunións periódicas para compartir experiencias e deseñar liñas comúns.

En 2008 adheriuse a este protocolo o Goberno das Illas Baleares.

 

Ligazóns

 

Catalá. Secretaría de Política Lingüística da Generalitat de Catalunya

Direcció General de Política Lingüística do Goberno das Illas Baleares

Euskara. Viceconsellería de Política Lingüística do Goberno vasco

As linguas cooficiais na Administración do Estado. Consello e Oficina das linguas do Ministerio de Administracións Públicas

 

Noticias relacionadas

Texto do protocolo

 

 

 

 

 

 


 

 

 

 

 

Protocolo de colaboración entre o Goberno Vasco, a Generalitat de Catalunya e a Xunta de Galicia en materia de política lingüística. Texto nas tres linguas.

  

 

 

 

 


 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

logotipo da Xunta de Galicia\
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia.
Información administrativa e atención ao cidadán  | Suxestións e queixas  | Aviso legal  | Atendémolo/a