Secretaría Xeral de Política Lingüística

Proxectos europeos

 

Volangteer: aprendizaxe de idiomas rexionais a través de voluntarios

A Secretaría xeral de Política Lingüística participa neste proxecto como entidade asociada, no marco do programa de acompañamento lingüístico da Comisión Europea Learning Regional Language, que ten como finalidade promover a aprendizaxe e o uso do galego o do frisón entre mozos e mozas estranxeiros/as que estean gozando dunha bolsa erasmus.

A iniciativa estase a desenvolver desde novembro de 2008 ata outubro de 2010 e está coordinada pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia e nela tamén participan outras entidades tanto a nivel galego (a Universidade de Santiago de Compostela), como a nivel europeo (Algemiene Fryske Underrjotchs Kommisje, de Holanda; Formation tout au Long de la Vie, de Francia e AINTEK AE, de Grecia). . A  está a desenvolver entre novembro de 2008 e outubro de 2010 o proxecto titulado Learning Regional Languages through Volunteers (aprendizaxe de idiomas rexionais a través de voluntarios)... Máis información e formulario de inscrición.

 

Compartir proxectos con outras institucións promotoras das linguas

 A Secretaría Xeral de Política Lingüística participa no proxecto Network of European Language Planning boards, que integra institucións rexionais e nacionais de diferentes países de Europa dedicadas á promoción, planificación e normalización lingüística. O seu obxectivo fundamental é cooperar e intercambiar experiencias e aproveitar os seus recursos. Divide a súa actuación en catro sectores: a transmisión lingüística na familia, as tecnoloxías da información e da comunicación, o marketing e a inmersión lingüística e a educación trilingüe. Outros membros da rede son Welsh Language Board (de Gales), Foras na Galeilge (de Irlanda), Swedish Assembly of Finland (de Finlandia), Berie foar it Frysk (de Frisia, Holanda), Bord na Gaidhlig (de Escocia), Viceconsellería de Política Lingüística do Goberno de Euskadi e Secretaría de Política Lingüística da Generalitat de Cataluña.

 

Adaptarse aos modelos de formación europeos

 A lingua galega está integrada noutros proxectos europeos referentes á aprendizaxe das linguas, como é ALTE (Association of Language Testers in Europe), para a elaboración de modelos de exame estándar para certificar coñecementos de linguas.

 

Achegar e compartir recursos de formación cos profesores doutras linguas de Europa

 A Secretaría Xeral de Política Lingüística é membro asociado de Lingu@net Europa, un centro de recursos virtual e multilingüe ao servizo do ensino das linguas, dirixido a educadores pero tamén a planificadores e a outros profesionais da lingua. Cun servizo en liña na internet, ofrece o acceso a materiais didácticos, fornecedores de servizos, organizacións, bibliografía para a investigación, documentos de planificación, etc. Coa renovación da páxina en xaneiro de 2006, fanse accesibles os recursos didácticos da lingua galega.

Un documento base no contexto, o Marco europeo común de referencia para as linguas: aprendizaxe, ensino, avaliación, do Consello de Europa, está dispoñible na versión en galego.

logotipo da Xunta de Galicia\
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia.
Información administrativa e atención ao cidadán  | Suxestións e queixas  | Aviso legal  | Atendémolo/a