Secretaría Xeral de Política Lingüística

Quen pode acceder á condición de tradutor/a intérprete xurado/a e como?

 

1. Poden exercer a tradución e interpretación xurada aqueles que superen as probas reguladas no Decreto 267/2002, do 13 de xuño.
Poderán tomar parte nestas probas as persoas maiores de idade que posúan, como mínimo, un título de diplomado, enxeñeiro técnico, arquitecto técnico ou equivalente.
Esas probas serán convocadas pola consellería competente en materia de política lingüística.

2. Poden solicitar tamén o nomeamento mediante habilitación directa, sen necesidade de convocatoria previa, aquelas persoas:

a) Que posúan o título de licenciado en Tradución e Interpretación, sempre que acrediten mediante certificación académica que cumpren os seguintes requisitos:

a.1) Que cursaron vinte e catro créditos de materias de tradución especializada durante a licenciatura e que calquera posible combinación lingüística de todas e cada unha das materias cursadas de tradución especializada (no novo plan de estudos correspoóndese con Tradución de textos económicos e Tradución de textos xurídicos  e administrativos) teña o galego como lingua cara á que se traduce. De non figurar especificado deste xeito na denominación da materia, deberase xuntar tamén un certificado do programa oficial, coa combinación lingüística das materias cursadas.

a.2) Que doce dos vinte e catro créditos das materias de tradución especializada cursada teñen como contidos a tradución de textos xurídicos e económicos. Se estes contidos non figurasen especificados nalgunha das materias, deberá xuntarse un certificado do programa oficial da materia correspondente ao curso escolar en que se cursase, no que terán que aparecer especificados aqueles contidos. O resto dos créditos, ata os vinte e catro, poden obterse mediante a realización de prácticas en empresas avaladas e tuteladas pola universidade correspondente, a través dos proxectos de fin de carreira ou memorias de tradución; ou a través de materias, incluídas as de terceiro ciclo, sempre que estean relacionadas directamente coa tradución de textos xurídico-administrativos ou económicos.

a.3) Que cursaron 12 créditos de interpretación.

b) Que posúan o nomeamento de intérprete xurado de galego, expedido polo Ministerio de Asuntos Exteriores.

logotipo da Xunta de Galicia\
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia.
Información administrativa e atención ao cidadán  | Suxestións e queixas  | Aviso legal  | Atendémolo/a