Como sabemos que tes moito tempo libre durante o verán, que che parece se preparas unha receita de comida? Dende aquí, propoñémosche unha serie de pratos ben sinxelos para que fagas na compaña dos teus pais.
- Ingredientes: precisarás dunha leituga, dun par de tomates, de media cebola, de olivas, de aceite, de vinagre e de sal.
- Paso 1: lava todos os ingredientes con coidado.
- Paso 2: coa axuda de alguén, corta a leituga en anacos. Pica tamén os tomates en anacos, así como a cebola.
- Paso 3: mestura nun recipiente os tomates, coa cebola, a leituga e as olivas. Unha vez que teñas todos os ingredientes xuntos, bótalles o sal, o aceite e o vinagre.
- Consello: podes engadirlle outros ingredientes que che gusten á ensalada, como noces, queixo, xamón, ovo cocido...
- Ingredientes: unha mazá, unha laranxa, catro amorodos, oito uvas, un plátano, dous kiwis e unha pera.
- Paso 1: lava todos os ingredientes con coidado.
- Paso 2: sacálle a pel ao plátano, á laranxa, aos kiwis, á mazá e á pera. Que alguén che axude coas froitas máis difíciles, como a mazá ou a pera.
- Paso 3: corta en anacos medianos a froita.
- Consello: podes usar todas as froitas que che gusten para facer a macedonia. Ademais, se usas ingredientes en xarope, coma o pexego ou a piña, podes empregalo para despois regar a macedonia por riba. Tamén lle podes botar azucre.

- Ingredientes: farache falta medio litro de leite, cacao, moldes para xeados ou, no seu defecto, uns vasos e uns paus ou ben unhas culleriñas.
- Paso 1: mestura o leite co cacao nun recipiente. Bótalle tanto cacao como che guste e, se queres, bótalle un pouco de azucre.
- Paso 2: enche os moldes ou os vasos coa mestura do leite co cacao. Coloca o pau ou a culleriña.
- Paso 3: méteo no conxelador durante varias horas, ata que a mestura estea dura.
-Consello: para sacar o xeado do molde, tan só tes que metelo debaixo dunha billa de auga quente. Así sairá facilmente.

- Ingredientes: para esta receita necesitas dun paquete de madalenas ou de sobaos, de medio quilo de amorodos, caldo de azucre e tona líquida.
- Paso 1: mestura a tona líquida con varios amorodos en anacos. Dálle voltas ata que fagan prebe. Despois, bate todo para que a tona colla volume.
- Paso 2: colle unha madalena e córtaa á metade. Móllaa no caldo de azucre e pona enriba dun prato grande. Vai colocando as madalenas unhas ao lado das outras, para que fagan unha capa. Unha vez que teñas a capa, cúbrea de tona.
- Paso 3: cando remates con todas as capas, bota tona enriba para que recubra a torta e pica anacos de amorodos para lle botar.
- Consello: deixa arrefriar a torta no refrixerador un par de horas.
